Aprobación definitiva do expediente de delimitación do núcleo rural da Costa-Gondrame, parroquia de Gondrame, no concello do Páramo (Lugo)

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva do expediente de delimitación do núcleo rural da Costa-Gondrame, parroquia de Gondrame, no concello do Páramo (expediente PTU-LU-14/049).

nucleo_rural_costa-gondrame_paramoO Concello do Páramo (Lugo) remite o expediente de referencia, para os efectos da súa aprobación definitiva, consonte a disposición adicional segunda.2 da vixente Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

Unha vez analizada a documentación achegada polo Concello e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resultan:

I. Antecedentes

O Concello do Páramo carece de instrumentos de planeamento xeral e réxense polas normas de aplicación directa da LOUG e, no que non se opón a estas, polas normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial.

Na tramitación do presente expediente constan:

• Entrada do proxecto de delimitación no Concello do Páramo (17.1.2014).

• Exposición pública (25.2.2015-24.3.2014), mediante anuncios en El Progreso do 11.2.2014, La Voz de Galicia do 12.2.2014 e DOG do 24.2.2014. Segundo a certificación da Secretaría, durante o dito trámite non se presentaron reclamacións.

• Emisión de informe xurídico municipal (23.4.2014).

• Aprobación provisional do proxecto de delimitación (28.4.2014).

• Requirimento dirixido ao Concello polo Servizo de Urbanismo da Xunta en Lugo, en que indica os trámites pendentes e as deficiencias documentais que deben emendar (11.7.2014).

• Informe favorable da Dirección Xeral de Telecomunicacións do Ministerio de Industria (10.9.2014).

• Informe da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil –en diante CHMS– (14.1.2015).

• Informe desfavorable da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural –en diante DXPC–(29.1.2015).

• Informe da DXPC (23.7.2015) favorable condicionado.

• Informe técnico municipal (18.8.2015).

• Aprobación provisional (acordo do Concello Pleno do 26.10.2015).

II. Aspectos xerais. Obxecto

a) Trátase dun proxecto promovido polo Concello do Páramo, que propón a delimitación dun ámbito de 4,57 ha como núcleo rural histórico-tradicional.

b) O proxecto delimita o núcleo, define o trazado da rede viaria existente e as zonas edificables, regula as condicións de uso, volume, estéticas, etc. aplicables. Así mesmo, identifica unha dotación existente (igrexa parroquial) e cataloga construcións de carácter tradicional.

III. Análise e consideracións

1. Verificación dos requisitos establecidos no artigo 13.3 da LOUG

a) Dentro do ámbito delimitado inclúense terreos correspondentes a dúas entidades de poboación, A Costa e Gondrame, recoñecidas no nomenclátor oficial (Decreto autonómico 6/2000).

b) O ámbito alcanza unha consolidación suficiente, de acordo co artigo 13.3.a) da LOUG.

2. Outras observacións

a) O rego de Gondrame, que discorre pola parte sur do núcleo delimitado, represéntase de xeito incompleto no proxecto, e sen axustarse á documentación que consta no informe da Confederación Hidrográfica Miño-Sil do 14.1.2015. Xa que logo, nos planos de ordenación do proxecto cómpre revisar o trazado do rego e a delimitación da súa zona de policía fluvial, para os efectos de garantir a correcta aplicación da Lei de augas.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG e co artigo 3.a) en relación coa disposición transitoria segunda do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais correspóndelle á Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

IV. Resolución

Visto canto antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar definitivamente a delimitación do núcleo rural da Costa-Gondrame, concello do Páramo, e deixar constancia expresa da obriga de respectar estritamente a zona de policía do rego de Gondrame, reflectida na documentación obxecto de informe favorable da Confederación Hidrográfica Miño-Sil do 14.1.2015.

Segundo. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


DOG nº79 do 26 de abril de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s