A Xunta de Galicia traballa na Primeira Estratexia de Sustentabilidade de Galicia

xunta_galiciaA conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, adiantou hoxe no Parlamento galego que a Xunta está rematando o segundo informe sobre cambio climático

Actualmente, o departamento está tamén ultimando a primeira Rede galega de parques naturais de Galicia, que permitirá crear sinerxías na protección destes espazos

Destacou tamén que a posta en marcha do Plan de Residuos Urbanos (2010-2020) conseguiu reducir nun 11 por cento a xeración de residuos per cápita nos últimos seis anos

En materia hidrolóxica, recordou que o Goberno galego ten investido desde 2009 máis de 1.000 millóns de euros en materia de saneamento das augas, dos que case 600 millóns foron destinados exclusivamente á depuración das rías


Santiago, 27 de abril de 2016.A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, avanzou hoxe no Parlamento galego que a Xunta xa está traballando nas bases da que será a primeira Estratexia de sostibilidade ambiental de Galicia. Este documento identificará os retos que enfronta Galicia en materia medioambiental, así como as oportunidades que poden xurdir en Galicia “na transición cara unha economía circular, baixa en carbono, e cara a eco-innovación”.

Ademais desta folla de ruta, adiantou tamén que o Goberno galego xa está rematando o que será o segundo informe sobre o cambio climático, un traballo “extenso e completo, que incluirá todas as medidas postas en marcha”.

Mato dedicou parte da súa intervención á abordar a necesidade de seguir avanzando na mellora da xestión de residuos. Neste sentido, recordou que o Plan de Residuos Urbanos (2010-2020) ten obtido resultados importantes, como a redución nun 11 por cento da xeración de residuos per cápita nos últimos seis anos. Nesta mesma liña de actuación, lembrou que a Consellería xa está traballando no Plan de Residuos Industriais, complementario ao anterior, e no que se investirán un total de 3 millóns de euros entre este ano e o próximo.

En materia hidrolóxica, a responsable autonómica fixo especial fincapé na mellora da calidade das augas galegas. Ao respecto, concretou que se teñen investido máis de 1.000 millóns de euros desde 2009 en saneamento, dos que case 600 foron destinados exclusivamente á depuración das rías.

Xa por último, Mato referiuse tamén ás principais actuacións en materia de conservación da natureza. Neste eido, resaltou que xa se está ultimando a primeira Rede galega de parques naturais, que estará composta polos seis parques naturais galegos e o Parque nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas. O obxectivo é crear sinerxías para a protección e conservación destes espazos naturais.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s