6º volume do Atlas Lingüístico Galego: Terra, plantas e árbores

atlas_linguistico_galego14/04/2016-La Voz de Galicia

Entre 1974 e 1977 os investigadores do Instituto da Lingua Galega (ILG) Rosario Álvarez, Francisco Fernández Rei e Manuel González percorreron a xeografía nun Seat 600 facendo completas enquisas en 167 puntos do territorio de fala galega. Eran máis de 2.700 preguntas coas que se creou unha base de datos de preto de medio millón de rexistros sobre as formas galegas. Era o xerme do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), un proxecto que puxeron a andar Antón Santamarina e Costantino García. Publicados xa os volumes de Morfoloxía verbal, Morfoloxía non verbal, Fonética, Tempo atmosférico e cronolóxico e O ser humano, onte presentouse no ILG a sexta publicación, Terra, plantas e árbores, que recolle 272 mapas co léxico utilizado coas denominacións que ten o espazo físico, as plantas, árbores e froitos en función da zona de Galicia.

O ALGa está editado conxuntamente pola Fundación Barrié e a USC, e conta coa colaboración da Consellería de Cultura. A codificación do galego moderno puido facerse coa realidade deste atlas, e un dos agradecementos do coordinador do último volume, Francisco Fernández Rei, foi para os informantes, os centos de persoas que entre o 74 e 77 aportaron o seu léxico, moitos de forma anónima por medo. «Recibimos excelentes leccións da historia vivida que non aparecerá nos libros», dixo. O obxectivo prioritario do atlas cando xurdiu foi a recolleita masiva da realidade lingüística galega.

O mapa amosa as distintas formas e a riqueza do léxico galego. Por exemplo, recolle dezaseis xeitos de dicir cerdeira segundo a zona, desde cirdeira a cerreixón, pasando por xinxeira ou cereixeiro. Despois destes seis volumes están previstos outros seis, os máis avanzados os de O ser humano (II), Agricultura e Fauna.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s