Proceso de Participación para a elaboración da estratexia da Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV Baixo Miño (GDR-14)

Os habitantes dos 13 concellos teñen a oportunidade de decidir qué liñas de acción serán prioritarias na financiación de proxectos

asociacion_baixo_miñoO Concello de Tui ven de acoller a primeira reunión dos alcaldes e alcaldesas dos 13 concellos que forman parte do agora Grupo de Desenvolvemento Rural 14 (GDR-14).

O persoal técnico da Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV Baixo Miño presentaron aos rexidores o novo periodo do Programa LEADER Galicia e sentaron as bases da participación dos concellos como axentes dinamizadores do programa nos seus respectivos territorios.

Ate xuño o GDR desenvolverá a campaña de participación na que a poboación ten a palabra e a oportunidade de definir qué liñas serán consideradas estratéxicas no periodo 2014-2020. 

Co fin de promover e dinamizar a participación do maior número posible de persoas e axentes sociais públicos e privados do territorio, os alcaldes inauguraron a campaña participativa “Eu Rural” para a elaboración da estratexia, cun acto simbólico no que os rexidores pulsaron xuntos uns pulsadores que activaron a posta en marcha das ferramentas telemáticas que apoiarán o proceso de participación: a páxina web, activa dende hoxe no dominio www.eurural.org, e as redes sociais da campaña. 

A Presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural, Sandra Gonzalez, indicou a importancia de que a poboación se sinta parte do proceso e decidan, todos e todas, persoas e entidades, o futuro que queremos para o noso rural.

Nas vindeiras semanas realizaránse reunións de traballo e iniciaránse os procesos de participación co fin de acadar unha estratexia de desenvolvemento desenvolvida de xeito participativo e que recolla todas as accións que se consideren estratéxicas para o desenvovlemento do noso territorio.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s