Como reducir os efectos da revisión catastral nas explotacións gandeiras

sector_agrogandeiroCampo Galego

Verificar en Catastro que os datos das instalacións agrogandeiras son correctos e están actualizados, ou dirixirse ao concello para que reduza a taxa do IBI para as instalacións agrarias e aplique bonificacións son algúns deles.

O procedemento de regularización catastral que xa está en marcha en 7 de cada 10 concellos galegos porá ao día novas vivendas e ampliacións das existentes e, a maiores, incluirá no Imposto de Bens Inmobles (IBI) todo tipo de instalacións agrarias, como cortes, naves e pendellos, estean en uso ou non, e que ata o de agora estaban exentas do pagamento do IBI.

Do mesmo xeito que noutros procedementos masivos de valoración e como nesta revisión catastral, recoméndase:

Consultar e revisar na Sede electrónica de Catastro, de acceso libre e gratuíto, toda a información que consta sobre as parcelas: www.sedecatastro.gob.es

Verificar que os datos das edificacións que están a ser actualizados correspóndanse coa realidade, para pagar soamente polo que se ten. A xente pensa que o ten todo ben pero é recomendable dedicarlle uns minutos e revisar no Catastro a seguinte información: a xeometría da parcela, superficie e alturas das construcións asociadas á parcela, usos e antigüidade das mesmas.

No caso de detectar algún erro, é preciso presentar un recurso ou alegación ante a Administración para que o corrixa. En xeral, a recomendación é a de poñerse en mans de técnicos especializados en catastro para elaborar os informes ou recursos pertinentes con fin de emendar os erros e aclarar adecuadamente a situación á Administración.

Dende o sindicato Unións Agrarias, que ven denunciando públicamente o impacto económico que vai ter a revisión catastral sobre o agro galego, tamén recomendan:

– Estar atento aos prazos de 15 días para presentar alegacións, e do mes adicional posterior para presentar Recurso administrativo se se nos pasa o primeiro prazo dos 15 días iniciais.

Dirixirse ao concello para presionar co obxectivo de que reduza a taxa a aplicar. Non é unha cuestión menor xa que os concellos poden baixar a taxa do 0,9 ao 0,3% do valor catastral. Para unha corte valorada en 100.000 euros suporía pasar de pagar ao ano 900 euros polo IBI a 300 euros ao ano.

Demandarlle ao concello que, ademais, aplique bonificacións no IBI para as explotacións agrogandeiras. Por exemplo, cunha bonificación do 90%, eses 900 euros quedarían en 90 euros, ou en 30 euros os 300 euros.

– Igualmente, UUAA recomenda revisar os datos no Catastro, entrando na páxina de Catastro en internet, coa clave persoal, que ven na carta que nos mandan, para comprobar que a actualización se axuste á realidade.

E é que a organización agraria advirte de que estanse a dar moitos erros na catalogación das instalacións, como por exemplo a clasificación de naves de uso agrario como almacéns ou garaxes, que se clasifican como urbano aos efectos catastrais. Estes erros de catalogación teñen as seguintes consecuencias:

  • Primeiro: que a valoración é máis alta, e teriamos que pagar máis.
  • Segundo: que nos poderían esixir atrasos de ata catro anos.
  • Terceiro: ademais poderiamos quedar fóra de posibles bonificacións, porque normalmente se aplicarán aos bens clasificados dentro do catastro Rústico (galpóns, granxas, establos), pero non aos de urbana (naves en xeral, almacéns non agrarios e garaxes).
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s