O GDR Pontevedra-Morrazo comeza a posta a punto da estratexia de desenvovlemento rural 2014-2020

12/04/2016-Por Galicia Abaixo

montes-do-morrazoNa xuntanza presentáronse as novidades do novo LEADER 2014-2020, deuse a coñecer a metodoloxía de traballo e obxectivos para a elaboración da estratexia de desenvolvemento local e coordináronse as actuacións para promover a participación activa das entidades e cidadanía do territorio.

Este venres 08 de abril de 2016 tivo lugar en Pontevedra a xuntanza do equipo de apoio de técnicos do GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) Pontevedra-Morrazo dos concellos de Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo, Cotobade, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Soutomaior e Vilaboa dentro do proceso de conformación do novo GDR e de selección das estratexias de desenvolvemento rural da medida LEADER Galicia 2014-2020.

Lembremos que o Leader Galicia contará cun orzamento global de 84 millóns de euros ata o ano 2020, cofinanciados nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.

A Consellería do Medio Rural, publicou no Diario Oficial de Galicia do 2 de marzo de 2016, a Orde de bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local e para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader.

Logo da publicación destas bases reguladoras, os territorios rurais deberán iniciar os procesos participativos, para conformar os novos GDR e definir a súas estratexias para a posterior implementación das axudas.

O elemento esencial desta metodoloxía Leader é que se trata de “procesos de abaixo cara arriba”, é dicir, as estratexias ou programas específicos de desenvolvemento rural son definidos e aplicados polos axentes de cada territorio, e as decisións sobre as liñas concretas de aplicación das axudas e mesmo dos proxectos que se financian son tomadas por partenariados de axentes públicos e privados de ámbito local.

Dentro desta planificación, o GDR Pontevedra-Morrazo contará co apoio do equipo de técnicos dos 14 concellos do territorio, que ademais de proporcionar a súa visión sobre a situación e expectativas da zona, colaborarán co GDR para promover, a través de Foros e Mesas sectoriais de traballo, a participación activa na elaboración da estratexia, das entidades e cidadanía do territorio.

Para máis información:

Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra – Morrazo

Santa Clara 4 – 2o 36002 Pontevedra

Tfnos: 986108144 – 695333087

gdr19@gdrpontevedramorrazo.eu

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s