Aprobación Inicial do PXOM de Chantada (Lugo)

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación urbana de Chantada (Lugo)

zona_antiga_chantadaO Concello Pleno, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 18 de marzo de 2016, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan xeral de ordenación urbana de Chantada nos termos que constan no expediente.

Segundo. Abrir un período de información pública por un período de dous meses, mediante anuncios no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia e, ademais, en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o dito período quedará o expediente, con todos os documentos que integran o plan xeral, incluído o estudo ambiental estratéxico, á disposición de calquera que queira examinalo, para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

Terceiro. Suspender o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento, que abrangue todo o termo municipal, e cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A suspensión afectará as licenzas que, sendo posibles co planeamento vixente, resulten incompatibles co que se aproba inicialmente.

Cuarto. A duración da suspensión será de dous anos e publicarase conxuntamente coa aprobación inicial.

Quinto. Dar audiencia aos municipios limítrofes, simultaneamente e durante o mesmo prazo de información pública, e someter o plan a consulta das administracións públicas afectadas e das persoas interesadas que tivesen sido previamente consultadas de conformidade co artigo 19 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Sexto. Obter das administracións públicas competentes os informes previstos pola lexislación sectorial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia».

O período de información pública do plan incialmente aprobado comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº66 do 7 de abril de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s