Información pública do PXOM de Nogueira de Ramuín (Ourense)

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Nogueira de Ramuín (Ourense)

nucleo_nogueira_ramuinFaise público que o Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 11 de marzo de 2016, aprobou inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal deste concello.

De conformidade co previsto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística do medio rural de Galicia, o plan aprobado inicialmente con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, sométese ao trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia de Ourense, o cal se computará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Este acordo implica a suspensión do outorgamento de licenzas nos termos recollidos no dito acordo de aprobación inicial.

O expediente completo poderá ser examinado nas oficinas municipais, e o acordo de aprobación inicial e o documento aprobado, ademais, na páxina web do Concello, www.nogueiraderamuin.com.


DOG nº64 del 4 de abril de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s