Deslindamento parcial entre as comunidades de montes de Chaín e Barbudo (Concello de Ponte Caldelas, Pontevedra)

EDICTO do 15 de marzo de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se dá publicidade ao acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Chaín e de Barbudo, do concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) respecto do linde común dos seus montes.

monte_Ponte_CaldelasPara os efectos previstos nos artigos 53 da Lei 7/2013, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 8 de febreiro de 2016, adoptado en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Chaín e a comunidade de Barbudo, no concello de Ponte Caldelas, respecto do linde común dos seus montes.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG núm. 140, do 23 de xullo), na súa disposición derradeira segunda, modifica o artigo 25 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e elimina a obriga da Administración forestal de proceder ao deslindamento e sinalamento dos montes veciñais. Por tanto, esta competencia corresponde ás comunidades propietarias, consonte os artigos 53 e 54 da Lei de montes de Galicia.

Segundo. Con data do 22 de xuño de 2015 a CMVMC de Chaín (A Insua) comunica ao Xurado de MVMC de Pontevedra o acordo coa CMVMC de Barbudo (Barbudo) no límite entre as dúas ambas comunidades. A documentación que consta no expediente consonte o artigo 53 da Lei 7/2012 é a seguinte: acto de conciliación no Xulgado de Paz de Ponte Caldelas, certificados de aprobación en asemblea xeral de ambas as dúas comunidades e cartografía dixital.

Terceiro. Con data do 5 de agosto de 2015, o xefe da sección de topografía informa, entre outras cuestións, o seguinte: «(…) Non existe afeccións en montes de utilidade pública nin rede natura. Respecto das afeccións sobre montes veciñais en man común cabe destacar o seguinte: segundo o Rexistro de Montes Veciñais de Pontevedra, estas dúas comunidades están sen deslindar. Entre o punto 2 e 3 deslindan terreos non cualificados como monte veciñal (…)».

Cuarto. A descrición da liña poligonal que determina o deslindamento de mutuo acordo entre os montes veciñais en man común de Chaín e Barbudo, realizada pola enxeñeira operadora Patricia Pereira Barbosa, queda definida como segue: Coto Cotán-Poza do Cotiño Vello-Chan das Laxes:

Punto 1: Coto Cotán: X: 540.754,49; Y: 4.690.177,21; Z: 490,72.

Punto 2: Poza do Cotiño Vello: X: 541.203,90; Y: 4.689.561,96; Z: 339,09.

Punto 3: Chan das Laxes: X: 541.197,89; Y: 4.688.870,78; Z: 262,24.

Por todo o exposto, emítese informe favorable ao deslindamento solicitado entre os montes veciñais en man común das comunidades de Chaín e Barbudo, sempre que se limite o deslindamento ás zonas estremeiras de terreos clasificados como montes veciñais en man común das comunidades de Chaín e Barbudo.

Consideracións xurídicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, regula nos artigos 52 e 53 o procedemento de deslindamento entre os montes veciñais en man común e establece, entre outras, a obriga de publicar a resolución do xurado no Diario Oficial de Galicia.

Segunda. Da documentación achegada polas comunidades e do informe técnico do Servizo de Montes desta xefatura territorial, conclúese que a avinza entre a CMVMC de Chaín e a CMVMC de Barbudo son congruentes coas respectivas resolucións de clasificación e cos lindes nelas descritos.

Vista a avinza presentada, a documentación achegada con esta e o informe técnico do Servizo de Montes da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar en Pontevedra, este Xurado, en atención ao disposto nos artigos 53, 54 e na disposición transitoria décimo cuarta da Lei 7/2013, de montes de Galicia, por unanimidade, acorda:

Primeiro. Aprobar a avinza realizada entre a CMVMC de Chaín e a CMVMC de Barbudo respecto do seu linde común nos termos indicados no antecedente de feito cuarto e segundo os planos topográficos achegados e validados mediante informe técnico do Servizo de Montes.

Segundo. Notificar este acordo ás comunidades propietarias afectadas e publicalo no Diario Oficial de Galicia para dar cumprimento ao disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


DOG nº63 do 4 de abril de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s