Vista pública do expediente do terceiro treito do deslindamento dos montes da Comunidade de Montes de Atios (O Porriño)

ANUNCIO do 9 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se inicia a apertura do período da vista pública do expediente do terceiro treito do deslindamento (deslindamento parcial, actuación 2015) dos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios (O Porriño).

montes_AtiosConcluída a fase de apeo correspondente ao expediente do terceiro treito do deslindamento (deslindamento parcial, actuación 2015) dos montes da comunidade de montes veciñais en man común de Atios, concello do Porriño, en cumprimento do establecido polo artigo 49 da Lei 7/2012, do 20 de xuño, de montes de Galicia, ábrese o prazo de vista do citado expediente nas oficinas do Servizo de Montes, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural, da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo, rúa Fernández Ladreda, 43, Pontevedra, durante 20 días naturais a partir do seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que poida ser examinado, de luns a venres, das 10.00 ás 13.00 horas. Durante o mesmo prazo xa especificado, pódense presentar alegacións referentes a este expediente e á práctica do apeo.


DOG nº58 do luns 28 de marzo de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s