Una sentencia judicial obliga al Concello de O Porriño a cerrar el campo de tiro de Atios (O Porriño)

Os comuneiros de Atios estudan denunciar o campo de tiro aberto hai 17 anos. Consideran que o dano ambiental que causou debe ser resarcido

montes_Atios24/03/2016-Faro de Vigo

Os comuneiros da Comunidade de Montes Atios non descartan demandar xudicialmente aos responsables de manter o campo de tiro na parroquia aberto durante 17 anos sen ningún tipo de cobertura legal.

Nun comunicado, afirman que se esixirá a reparación do dano ambiental causado nos montes comunais pola vertedura ilegal de toneladas de residuos (cerámicas, plásticos e chumbo) derivados do tiro ao prato.

Queren unha compensación polos efectos ao cultivo forestal situado na área de impacto da actividade, e advirten que estarán “moi vixiantes contra calquera intento de dar cobertura legal a unha actividade ilegalizable, por moito que sexa do interese particular dalgúns funcionarios municipais ou de persoas relacionadas co Concello de Porriño“, afirmaron.

Anulado por un tribunal

A comunidade de montes de Atios lamenta tamén que tivese que ser un tribunal, a instancia da denuncia dos veciños, o que certificase a ilegalidade deste campo de tiro. “Unha ilegalidade coñecida polo Concello de Porriño, a Policía Local, a Garda Civil e a Policía Autonómica, algúns de cuxos membros eran usuarios do campo de tiro, pero que nunca actuaron para esixir o cumprimento da lei”, engaden.

Lembran que o Concello está obrigado a pechar xa o campo de tiro ao prato que desde fai dezasete anos funciona de maneira ilegal no monte de Atios. “A sentenza 232/2015 ditada polo xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Pontevedra, que anulaba a licenza de actividade e obra provisional outorgada polo goberno de Nelson Santos á Sociedade de Tiro Rosa Porriño A Venatoria, xa é firme”.

Esa sentenza fora recorrida en apelación ante o TSXG pero a alcaldesa, Eva García de la Torre, decidiu retirar o recurso e, deste xeito, a sentenza que anula a actividade é firme para todos os efectos.


Noticias relacionadas:

04/11/2015-Porrinodigital.es El campo de tiro de Atios funciona sin licencia municipal

11/03/2016-La Voz de GaliciaYa es firme la sentencia que obliga a cerrar el campo de tiro ilegal de Atios

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s