Aprobación definitiva da delimitación do núcleo rural da Mezquita (Concello da Mezquita, Ourense)

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sobre a aprobación definitiva da modificación puntual número 1 da delimitación do solo do núcleo rural da Mezquita, no concello da Mezquita (Ourense)

nucleo_rural_A_MezquitaO Concello da Mezquita eleva, para a súa aprobación definitiva, o expediente da modificación puntual número 1 da delimitación do solo de núcleo rural da Mezquita, de conformidade co previsto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, do 30 de decembro.

Unha vez analizada a documentación remitida polo Concello da Mezquita e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resultan:

I. Antecedentes.

I.1. O Concello da Mezquita non conta con ningunha figura de planeamento xeral, polo que son de aplicación as normas complementarias e subsidiarias provinciais, aprobadas definitivamente o 3 de abril de 1991.

I.2. A tramitación da modificación puntual da delimitación foi a seguinte:

• O Concello someteu á información pública a modificación puntual da delimitación durante o prazo dun mes, mediante anuncios nos diarios La Voz de Galicia do 23.9.2015 e Faro de Vigo do 26.9.2013 e no DOG do 24.9.2015. Durante o período de exposición non se presentou ningunha alegación.

• O Concello Pleno do 29.10.2015 aprobou provisionalmente a modificación puntual da delimitación do solo do núcleo rural da Mezquita.

II. Análise e consideracións.

II.1. O ámbito da actuación é o núcleo rural complexo da Mezquita, cuxa delimitación de solo de núcleo rural foi aprobada definitivamente o 10.11.2014 (DOG do 9 de decembro).

II.2. O obxecto da modificación puntual é corrixir as alíneas f) e j) da Ordenanza 1 do solo do núcleo rural común e da Ordenanza 2 do solo do núcleo rural histórico tradicional, para emendar os erros materiais detectados na redacción das citadas ordenanzas.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG e co artigo 3.a), en relación coa disposición transitoria segunda do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación do solo de núcleos rurais correspóndelle á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual número 1 da delimitación do solo do núcleo rural da Mezquita, no concello da Mezquita.

Segundo. Contra esta resolución cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Terceiro. Notifíqueselle ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº53 do 17 de marzo de 2016


Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s