Renovación dos Plans de Ordenación Cinexética dos Tecores de Galicia

cartel_Tecor
Nos terreos sometidos a réxime cinexético especial, os titulares do aproveitamento cinexético ou os seus representantes, están obrigados a presentar un Plan de ordenación cinexética. Nos documentos e ligazóns que se amosan, Vde. pode consultar a instrución sobre os contidos e condicións para a aprobación do Plan, así como a apliación web para a súa presentación.

Neste 2016 a maior parte dos Tecores de Galicia terán que renovar os seus Plans de Ordenación Cinexética (POC) quinquenais. Lembrámoslle a todos eles que será necesario presentar os plans na administración antes de que remate o vindeiro mes de maio, pois do contrario é posible que non poidan comezar a súa actividade cinexética dentro das datas previstas para a tempada 2016/2017.

Documento/s relacionados
  • Instrución, do 19 de decembro, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza sobre criterios e condicións para a renovación dos Plans de Ordenación Cinexética correspondentes ao 3º período de ordenación. Descargar
  • Aclaración de determinados apartados da instrución do 19 de decembro da Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Descargar

ANUNCIO de MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS da FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA

Aprobada a modificación dos estatutos pola Asemblea Xeral da Federación Galega de Caza, na reunión do 18 de decembro de 2015, e ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte mediante a Resolución do 27 de xaneiro de 2016, de conformidade co establecido no artigo 54.7 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, procédese ao anuncio da modificación dos seus estatutos e deposítase unha copia íntegra destes no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.


 

DOG nº50 do 14 de marzo de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s