Aprobación definitiva do PXOM de A Rúa (Ourense)

ORDE do 25 de febreiro de 2016 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal da Rúa (Ourense)

pxom_A_RuaO Concello da Rúa remite o Plan xeral de ordenación municipal e solicita a súa aprobación definitiva conforme o previsto no artigo 85.7 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Analizado o PXOM da Rúa, e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, mediante Orde do 21 de maio de 2015, ao abeiro do establecido no artigo 85.7.b) da LOUG, acordou non outorgar a aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal da Rúa, ata redactar os documentos modificados precisos para emendar as deficiencias sinaladas no corpo desa orde.

2. O Concello Pleno da Rúa adoptou o 19.10.2015 acordo de aprobación provisional do documento corrixido do PXOM que incorpora as modificacións introducidas de resultas do requirimento da CMATI; e as correccións referentes a acotacións de fondos de edificación, e cambio do sistema local a sistema xeral sanitario asistencial (xp-sa) na dotación prevista Q-51 do SUNC-3.

II. Análise e consideracións.

Logo de analizar o expediente administrativo e os documentos que integran o PXOM da Rúa aprobado provisionalmente polo Concello Pleno do 19.10.2015, e posto en comparación coas observacións formuladas na Orde CMATI do 21 de maio de 2015, púidose comprobar:

II.1. Expediente administrativo.

Foron emendadas as deficiencias do expediente administrativo sinaladas, xuntando os documentos correspondentes ás dúas aprobacións iniciais en formato dixital dilixenciado; e achegado:

– Certificado do secretario interventor do Acordo plenario do 19.10.2015, de aprobación provisional.

– Informes municipais: xurídico do 8.10.2015 e técnico do 7.10.2015, favorables en relación coa legalidade e calidade técnica da ordenación do PXOM.

– Informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 19.5.2014.

– Notificacións do 13.1.2014 e 10.11.2015 dos acordos de aprobación provisional ás seguintes administracións: Secretaría Xeral Técnica de Patrimonio da Consellería de Facenda; Unidade de Estradas do Ministerio de Fomento; Delegación de Economía e Facenda; Confederación Hidrográfica Miño-Sil; Dirección Xeral de Patrimonio e Urbanismo de ADIF; e Deputación Provincial de Ourense.

II.2. Documentación do PXOM.

• Clasificación e determinacións do solo urbano.

Foron emendadas as deficiencias observadas: os planos modificados NU-1(2) e NU-2 (2) xustifican a existencia dos servizos urbanísticos requiridos para os efectos do cumprimento do artigo 11.1.a) da LOUG; e consta cálculo acreditativo do cumprimento da consolidación edificatoria mínima exixida no artigo 11.1.b) da LOUG para o uso característico residencial grao 1.

Axustouse a delimitación dos ámbitos SUB-ND-5 e SUNC-07; delimitouse un novo SUNC 13, entre a rúa Fondo e a rúa San Roque, para a súa ordenación mediante unha nova vía; incorporáronse na estratexia de actuación e estudo económico as actuacións illadas asistemáticas AA-4; AA-5; AA-6 para a súa execución; e incorporouse na ficha do SUNC-12, a zona de fluxo preferente.

• Clasificación e determinacións do solo urbanizable.

Foron emendadas as cuestións requiridas: no SUB-ND-2, en que non consta afección a superficies queimadas, sinálase a zona de policía de augas, constando na súa ficha para o seu desenvolvemento a obriga de solicitar novamente informe á Confederación Hidrográfica.

Porén, no ámbito SUB-1, nas indicacións especificas para a execución da ficha do sector eliminarase o punto 3, así como o inciso do artigo 7.1.8.4.4 no documento regulación do solo e ordenanzas.

• Solo de núcleo rural.

Foron axustadas as delimitacións dos núcleos comúns impugnados, de forma que se eliminaron bolsas vacantes na periferia do núcleo de Somoza; e a delimitación artificiosa do núcleo de Vilela-Barrio.

• Solo de rústico.

Foron ampliadas as delimitacións da categoría de solo rústico de protección paisaxística máis aló dos puntos de visualización, incluíndo nesta categoría os solos obxecto de protección.

Xustifícase a concreción dos corredores ecolóxicos no plano do ISA, así como determinacións normativas (artigo 6.2.16 da normativa e 4.3.4 do documento de regulación do solo e ordenanzas).

• Memoria xustificativa.

Foi emendada a relación detallada de dotacións e os números 3.1.2 e 3.1.3 da memoria xeral, aínda que as dotacións privadas existentes Q-9, Q-15, Q-19, Q-20 non poden ter carácter de sistema xeral, polo que deberán identificarse co código le, tanto na memoria como no documento gráfico.

• Estudo do medio rural.

Corrixiuse o sinalado no punto f) da Orde da CMATI.

• Informe de sustentabilidade ambiental e memoria ambiental

Foron revisados os planos de riscos naturais e tecnolóxico; de riscos ISA-1; de información I-2 hidroloxía; e de ordenación, completando a información requirida.

• Planos de información.

Xúntase plano I-9 de información de incendios, conforme a documentación das superficies queimadas da Secretaria Xeral de Medio Rural e Montes do 3.8.2015; e plano «Rede viaria» I-(6) corrixido.

• Planos de ordenación.

Achéganse novos planos de ordenación do solo urbano que incorporan as correccións requiridas en canto ás aliñacións e rasantes.

• Normativa urbanística (NU) e regulación do solo e ordenanzas (OR).

Foi revisada a normativa urbanística, incorporando as correccións ou xustificacións correspondentes.

• Estratexia de actuación e estudo económico.

Preséntase informe favorable do interventor do Concello do 8.10.2015.

• Outras consideracións.

En relación co requirimento de cumprimento dos artigos 57 e 58 do Real decreto 285/2013 do Plan hidrolóxico Miño Sil, xustifícase que foi derrogado polo Real decreto 1/2016, do 8 de xaneiro, que aproba a súa revisión (BOE do 19 de xaneiro), resultando de aplicación os artigos 48 e 49 do Real decreto 1/2016.

O ben BP-104 está delimitado e ten contorno de protección na súa ficha; pero esta non figura no plano de organización espacial NU-8 (5).

Ao abeiro do artigo 103 da LOUG, o cálculo do aproveitamento tipo, debe vir referido ao uso e tipoloxía característicos, polo que deberán corrixirse as fichas dos solos urbanizables.

Xa que logo, do exame da documentación aprobada provisionalmente polo Concello Pleno da Rúa en sesión do 19.10.2015, púidose constatar que as deficiencias observadas na Orde CMATI do 21 de maio de 2015 foron tidas en conta, e que se introduciron as correccións para darlles cumprimento.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral corresponde á conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 LOUG e o artigo 3.a) en relación coa disposición transitoria segunda do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

III. Resolución.

En consecuencia, e de conformidade co establecido no artigo 85.7.a) da LOUG,

RESOLVO:

1º. Aprobar definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal do Concello da Rúa, deixando constancia expresa de que:

– Na ficha do SUB-1 eliminarase o punto 3, así como o inciso do artigo 7.1.8.4.4 no documento de regulación do solo e ordenanzas.

– As dotacións privadas existentes Q-9, Q-15, Q-19, Q-20 deben identificarse co código le, tanto na memoria como no documento gráfico, pois non poden ter carácter de sistema xeral.

– Nos artigos 6.2.14 e 6.2.10 actualizaranse as referencias á lexislación sectorial vixente.

– Ao abeiro do artigo 103 da LOUG, o cálculo do aproveitamento tipo debe vir referido ao uso e tipoloxía característicos, polo que deberán corrixirse as fichas dos solos urbanizables.

2º. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3º. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no Boletín Oficial da provincia a normativa e ordenanzas do plan aprobado definitivamente.

4º. Notifíquese esta orde ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº49 do 11 de marzo de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s