Aprobación definitiva da delimitación dos núcleos rurais de Riocabo, A Pena, A Valiña e Paredes (Concello de Meira, Lugo)

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana de Meira (Lugo) para delimitación dos núcleos rurais de Riocabo, A Pena, A Valiña e Paredes (expediente PTU-LU-14/029).

delimitacions_nucleos_rurais_meiraO Concello de Meira remite o proxecto técnico de modificación puntual do PXOU de Meira, datado en xuño de 2015 e redactado pola consultora GAU, Arquitectura y Urbanismo, integrado por unha memoria descritiva e xustificativa, unha normativa, uns planos de ordenación e unha información e catálogo de elementos patrimoniais, xunto coa documentación administrativa correspondente, á tramitación municipal do expediente e solicita a súa aprobación definitiva, conforme a disposición adicional 2ª.2 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Analizada a documentación achegada polo Concello de Meira e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

• Remisión do documento de inicio á SXCAA (31.7.2012) que se resolve co non sometemento a modificación a avaliación ambiental estratéxica (Decisión do 30.8.2012).

• Emisión de informes municipais previos á aprobación inicial: xurídico (4.10.2012, sobre a tramitación e contido) e técnico (22.11.2012, verbo da conformidade da modificación coa lexislación vixente e a calidade técnica da ordenación).

• Remisión ao Servizo de Urbanismo de Lugo (29.11.2012), devolvéndose (2.1.2013) con indicación da tramitación a seguir e informes sectoriais que se vaian recadar.

• Informe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia en relación coa incidencia na estrada N-640 (3.5.2013), de carácter desfavorable.

• Anuncio de exposición pública da modificación (3.7.2013-2.8.2013): anuncios no DOG e nos diarios El Progreso e La Voz de Galicia. Presentáronse 6 alegacións.

• Informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural (23.9.2013), de carácter desfavorable.

• Resolución das alegacións presentadas (acordo plenario do 24.10.2013).

• Aprobación provisional polo Concello Pleno do 26.11.2013.

• Informe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia (3.12.2013), de carácter favorable.

• Resolución da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 26 de marzo de 2014.

• Aprobación inicial plenaria (9.6.2014) dunha nova versión do proxecto.

• Emisión de informe da CHMS (4.7.2014), de carácter favorable.

• Publicación de anuncio e exposición pública no DOG do 15 de xullo de 2014. O dito anuncio non se completou cos correspondentes nos xornais de prensa e aludía a un prazo inferior ao exixido pola lei, polo que se realizou un novo trámite de exposición pública posteriormente.

• Emisión de informe da DXPC (22.9.2014) favorable condicionado á incorporación no documento definitivo das medidas correctoras e protectoras indicadas.

• Nova exposición pública polo prazo de dous (2) meses (19.12.2014-18.2.2014), mediante anuncios no DOG do 17 de decembro de 2014 e nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia do 18 de decembro. Non se presentaron alegacións consonte certificación do 23.2.2015.

• Aprobación provisional da modificación (acordo plenario do 25.2.2015).

• Requirimento da SXOTU que solicita a emenda de deficiencias (16.6.2015).

• Aprobación provisional da modificación (acordo plenario do 17.9.2015).

• Remisión á SXOTU para resolver sobre a aprobación definitiva (28.9.2015).

• Meira conta cun Plan xeral de ordenación urbana aprobado o 29.12.1977, que carece de ordenación gráfica do territorio exterior ao solo urbano da vila capital.

II. Formalización do requirimento da SXOTU do 16.6.2015.

1. Inclúense no proxecto os espazos reservados para dotacións (instalacións de lavadoiro e abastecemento) no contorno da parcela con referencia catastral 27029A03800001, de acordo co establecido na DA 2ª da LOUG.

2. Recóllese adecuadamente a configuración das aliñacións xeradas polo camiño municipal con referencia catastral 27029A03809001.

3. Corríxense as determinacións gráficas das aliñacións consolidadas no sentido requirido.

4. Compróbase que se cumpre en todos os núcleos co requisito de consolidación establecido polo artigo 13 da LOUG.

5. Por todo o anterior, conclúese que se emendaron as deficiencias indicadas no requirimento desta SXOTU do 16.6.2015.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG e, en virtude do disposto no artigo 10.1.ñ) do Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais correspóndelle á secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual do PXOU de Meira para a delimitación dos núcleos rurais de Riocabo, A Pena, A Valiña e Paredes.

2. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notifíquese ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº50 do 14 de marzo de 2016

Deja un comentario

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.