Obradoiros para a elaboración das directrices da paisaxe que terán lugar este sábado día 5 de marzo

Os obradoiros para a elaboración das directrices da paisaxe desprázanse mañá ata Allariz, Ourense, o Carballiño e Ribadavia

Os talleres de Allariz e Ourense celebraranse pola mañá, mentres que os do Carballiño e Ribadavia terán lugar pola tarde

O obxectivo destas actividades é que os asistentes poidan expresar as súas aspiracións en canto aos obxectivos de calidade paisaxística, así como a súa opinión sobre as posibles medidas de protección e xestión da paisaxe

Santiago, 4 de marzo de 2016.- Allariz, Ourense, O Carballiño e Ribadavia acollerán mañá cadanseu obradoiro participativo de elaboración das Directrices da Paisaxe, unha actividade promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

No caso de Allariz, o taller comezará ás 11,00 horas e terá lugar na aula CeMIT da Casa da mocidade. En Ourense será á mesma hora, no centro cívico da Ponte. Pola súa banda, os obradoiros do Carballiño e Ribadavia celebraranse ás 17,00 horas, nas aulas CeMIT de ambas localidades.

somos_paisaxeEstas actividades forman parte dos 50 talleres públicos que o departamento autonómico organizará en toda Galicia, un por cada unha das 50 comarcas paisaxísticas nas que se divide o noso territorio. Esta distribución pretende garantir unha maior equidade espacial no proceso de participación, facilitando á poboación de todos os ámbitos territoriais o acceso a este proceso dun xeito presencial.

Estes obradoiros compleméntanse coa posta en marcha dunha plataforma web participativa a través da cal calquera persoa, dende calquera lugar e en calquera momento, poderá aportar a súa opinión e o seu coñecemento para o deseño das directrices da paisaxe galega. Esta plataforma está dispoñible na dirección https://sixot.es/Paisaxe.

Nestes talleres, os participantes poderán expresar as súas aspiracións en canto aos obxectivos de calidade paisaxística, é dicir, as súas preferencias en canto ás características paisaxísticas da súa contorna, así como a súa opinión sobre as posibles medidas de protección, planificación e xestión da paisaxe.

Tamén traballarán coa plataforma web, na que poderán valorar os principais tipos de paisaxe da súa comarca paisaxística e elixir os tipos de paisaxe preferidos de cara á súa planificación futura. Así mesmo, a través desta web os usuarios poderán localizar puntos relevantes dende o punto de vista paisaxístico e asignarlles unha valoración, determinar os elementos que os compoñen e propoñer medidas de actuación para os mesmos.

Os participantes, tanto nestes obradoiros como nos restantes, comprenderán tanto axentes convidados polo seu coñecemento da área paisaxística ou a súa actividade vinculada á xestión da paisaxe, como calquera persoa que desexe asistir e se inscriba na dirección secretaria.iet@xunta.es ou chamando aos teléfonos 981541755/981541756.

As Directrices
Cabe destacar que a Consellería de Medio Ambiente xa seguiu un proceso de participación cidadá para a elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia, que agora se atopa en proceso de exposición pública. Agora abre ese mesmo procedemento para a elaboración destas directrices, que xunto co Catálogo, conformarán o Atlas das Paisaxes de Galicia.

A Lei de Protección da Paisaxe da Galicia establece que as Directrices de Paisaxe deben recoller os obxectivos de calidade paisaxística, que “deben expresar as aspiracións da cidadanía en canto á valoración e o grado de compromiso da colectividade na protección das nosas paisaxes, polo que a determinación destes obxectivos farase mediante un proceso de participación pública”. O mesmo Convenio Europeo da Paisaxe afirma que, unha vez identificados e valorados os diferentes tipos de paisaxes (proceso xa realizado no Catálogo), deben definirse os obxectivos de calidade paisaxística para os mesmos, despois dunha consulta pública.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s