Aprobación da zona de concentración parcelaria do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas, Ourense)

ANUNCIO do 17 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a diversos interesados a aprobación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas, Ourense)

concentracion_parcelaria_galiciaDe conformidade co disposto no artigos 59.2º e 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas da relación adxunta que a Xunta Local da Zona acordou, o día 9 de xullo de 2015, a aprobación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas, Ourense), que están expostas ao público no Concello de Castro Caldelas e nos lugares de costume, de conformidade co disposto nos artigos 36 e 40 da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Nas referidas bases figura o correspondente boletín individual da propiedade. Para o caso de que se formulasen alegacións en relación coas bases provisorias, o resultado destas será o que se recolle no boletín.

Contra o devandito acordo, aprobatorio das bases definitivas, que non é definitivo en vía administrativa, os interesados da relación adxunta poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural no prazo de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

(…)


Consultar listado de propietarios: DOG nº43 do 3 de marzo de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s