Inicio da clasificación como veciñal do monte de Santo Estevo de Pol (Concello de Pol, Lugo)

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación dun expediente de clasificación de montes desta provincia (expediente 7/2015).

Perante este xurado provincial de montes veciñais en man común, tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

Expediente: 7/2015.

Denominación: Santo Estevo de Pol (agás Eirón) (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños/as da parroquia de Santo Estevo de Pol (agás Eirón). Concello de Pol (Lugo)

Parroquia: Santo Estevo de Pol.

Concello: Pol.

Superficie: 20,02 hectáreas.

Estremas:

Norte: polígono 64, parcelas 51, 89, 72, 71, 70, 69, 68, 67 e 66.

Leste: polígono 72, parcelas 9005 (camiño), 54, 9003 (camiño), 17, 24, 25, 59 e 26.

Sur: polígono 71, parcela 9005 (camiño).

Oeste: polígono 72, parcelas 53, 50, 49, 63, 48, 47, 46, 45, 44, 43 e 39, e polígono 64, parcela 1.

mapa_concellos_galicia_polEn virtude do acordado polo Xurado na sesión do 30 de xuño de 2015, e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (MVMC), por este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles a aquelas persoas, organismos ou corporacións que resulten interesadas a posibilidade de comparecer e intervir no expediente iniciado e formular, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten e achegar, de ser o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de montes veciñais en man común, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.


DOG nº40 do 29 de febreiro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s