Clasificación como veciñal en man común do monte Val da Cova, parroquia das Seixadas (Concello de Cartelle)

EDICTO do 5 de febreiro de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Val da Cova a favor dos veciños do Carballal na parroquia das Seixadas (San Xoán), no concello de Cartelle (Ourense)

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 10 de decembro de 2015, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

cartelleDenominación do monte: Val da Cova.

Superficie: 10.347 m2 (1,03 ha aproximadamente).

Pertenza: veciños do Carballal.

Parroquia: As Seixadas (San Xoán).

Concello: Cartelle.

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Datos catastrais

Superficie para clasificar (m2)

Polígono

Parcela

Superficie catastral (m2)

126

1089

2.878

2.878

1088

2.659

2.659

974

1.828

1.828

975

1.425

1.425

976

1.557

1.557

Superficie total para clasificar

10.347 m2 (1,03 ha)

As estremas dos terreos para os cales se solicita a clasificación son as seguintes:

a) Perímetro exterior:

Norte (parcelas catastrais)

Concello

Polígono

Parcela

Cartelle

124

9003 (camiño)

Leste (parcelas catastrais)

Concello

Polígono

Parcela

Cartelle

126

9003 (camiño)

Sur (parcelas catastrais)

Concello

Polígono

Parcela

Cartelle

126

724

Oeste (parcelas catastrais)

Concello

Polígono

Parcela

Cartelle

126

724

b) Perímetro interior (encravados).

Non existen encravados.

Estes terreos estreman polo leste (camiño por medio) co monte veciñal en man común Penelas, xa clasificado a favor desta mesma Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Carballal.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que xulguen convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.


DOG nº40 do 29 de febreiro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s