Elección dos vogais titular e suplente que as representen no Comité Galego de Pesca Fluvial

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se convocan as entidades colaboradoras de pesca fluvial para a elección dos vogais titular e suplente que as representen no Comité Galego de Pesca Fluvial.

pescadoraA Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ten previsto celebrar neste ano 2016 unha nova convocatoria ordinaria do Comité Galego de Pesca Fluvial, creado ao abeiro do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

A adecuada constitución dos órganos de goberno do Comité Galego de Pesca Fluvial determina a necesidade de renovar o nomeamento dos vogais membros do Comité, entre os que se atopa un representante das entidades colaboradoras de cada provincia, designado por acordo entre elas.

Por isto, convócanse todas as entidades colaboradoras de pesca fluvial con nomeamento en vigor, segundo o establecido no artigo 37 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, o día 23 de febreiro de 2016, na aula 5 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, en horario das 18.00 horas en primeira convocatoria e as 18.15 horas en segunda convocatoria, para a elección dos vogais titular e suplente que os represente no citado comité, que terá unha limitación temporal dunha hora. Será requisito indispensable para poder participar no proceso de elección que as persoas interesadas acheguen a documentación acreditativa que xustifique a súa representatividade.

FEDERACIÓN GALEGA DE PESCA


DOG nº30 do 15 de febreiro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s