Deslindamento entre as comunidades de montes veciñais en man común de Calvos e Corvelle, no concello de Bande (Ourense)

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 28 de xaneiro de 2016, relativa ao deslindamento entre as comunidades de montes veciñais en man común de Calvos e Corvelle, no concello de Bande (Ourense)

bandeExaminada a solicitude de conciliación formulada polas CMVMC de Calvos e Corvelle resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. Con data do 12 de marzo de 2015 Roberto Pereiras Guinarte presentou no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela un escrito (número de entrada 38584/rx 491608) en que solicita a aprobación do deslindamento parcial levado a cabo entre a CMVMC Calvos e a de Corvelle na zoña coñecida como Outeiro de Augas. Coa citada solicitude achégase, entre outra documentación, unha acta de conciliación levantada no Xulgado de Paz de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Bande, acta de deslindamento por avinza entre as dúas comunidades de montes citadas e os certificados de aprobación emitidos polos secretarios das respectivas comunidades.

Segundo. Con data do 1 de xuño de 2015 o Servizo de Montes informou de que a documentación achegada cumpre as exixencias previstas no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e que o límite entre ambos os montes queda claramente definido.

Non obstante, no citado informe fanse as seguintes consideracións:

– Na coordenada X do punto 4 do deslinde, denominado Penedo de Requetés, existe un erro tanto na redacción da acta de deslinde como na memoria, xa que se dá como valor X = 518210,57. No anexo 2 e nos planos o valor que aparece é X = 581210,57, resultando claro que o valor correcto é este último.

– No número 3 da memoria indícase que a superficie da clasificación do monte veciñal en man común de Calvos é de 736 ha. Como consecuencia disto indícase que a superficie do monte despois de realizado o deslindamento resulta de 548,77 ha. Isto é un erro xa que a superficie clasificada do monte veciñal en man común de Calvos é de 763 ha e, consecuentemente, a superficie do monte despois de realizado o deslindamento será de 575,77 ha.

– No número 3.5 da memoria indícase que a liña que describen os puntos 3, 4, 5 e 6 do deslindamento sitúase en parte sobre predios particulares, como así o manifestan ambas as comunidades e como se observa no plano de deslindamento sobre cartografía catastral. No referido informe considérase que a liña de deslindamento proposta discorre completamente por terreos do monte veciñal, segundo se observa nos planos da carpeta-ficha do monte veciñal en man común de Calvos. Por outra banda, o deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares non sería obxecto deste procedemento, senón que se debería tramitar de acordo co establecido no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de monte de Galicia.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A presente resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que se debe seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o xurado provincial de montes veciñais en man común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o Xurado Provincial en Man Común, de acordo co informe favorable do Servizo de Montes do 1 de xuño de 2015, acordou por unanimidade o día 10 de decembro de 2015 aprobar o acto de conciliación acadado entre a CMVMC de Calvos e a de Corvelle, ambas do concello de Bande, de acordo co exposto no feito segundo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recuso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no plazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta resolución, de acordo co disposto no artigo 12 da Lei 13/1989 (citada), nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


DOG nº34 do 19 de febreiro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s