Autorización para o aproveitamento de augas mineromedicinais en Catoira (Pontevedra)

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2015 de autorización de aproveitamento das augas mineromedicinais procedentes do pozo As Lombas, no concello de Catoira (Pontevedra).

catoira_torresAntecedentes de feito:

Primeiro. Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 4 de xaneiro de 2013 declárase a condición mineromedicinal e termal das augas procedentes da captación As Lombas, sita no termo municipal de Catoira, na provincia de Pontevedra, solicitado polo Concello de Catoira. Esta declaración fíxose pública no DOG núm. 142, do 26 de xullo de 2013. Na dita declaración constaba xa un escrito de Augas de Galicia do 3 de novembro de 2011, no cal informaba da exclusión destas augas do seu ámbito competencial consonte o artigo 1.4 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento de dominio público hidráulico.

Segundo. Con data 4 de febreiro de 2014 de rexistro de entrada no Edificio Administrativo de Pontevedra, Alberto García García, como alcalde do Concello de Catoira, comunica a intención do Concello de presentar unha solicitude de aproveitamento e perímetro de protección para o cal solicita un prazo adicional de tres meses a un ano que indica o artigo 9 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Con data 9 de xaneiro de 2015 de rexistro de entrada no Edificio Administrativo de Pontevedra, o Concello de Catoira presenta o Plan de aproveitamento das augas mineromedicinais e termais do pozo As Lombas, para os efectos do disposto no Decreto 402/1996, do 31 de outubro.

Cuarto. Con data 26 de febreiro de 2015 de rexistro de saída remítese copia do proxecto para a emisión do informe do aproveitamento á Dirección Xeral de Saúde Pública e ao Instituto Xeolóxico e Mineiro de España.

Quinto. Mediante Resolución do 9 de febreiro de 2015 faise pública a solicitude de aproveitamento no DOG núm. 82, do 4 de maio de 2015, no BOP núm. 74, do 21 de abril e no taboleiro de edictos do Concello de Catoira entre o 18 de febreiro de 2015 e o 13 de marzo de 2015.

Sexto. Con data 28 de abril de 2015 a Dirección Xeral de Saúde Pública emite informe favorable exclusivamente para o seu uso nun establecemento balneario sempre que se axuste ao proxecto presentado. Desbótase o uso hidropínico debido á cantidade de fluoruros que presenta a auga (13,7 mg/l) tendo como referencia o Real decreto 1074/2002, do 18 de outubro, polo que se regula o proceso de elaboración, circulación e comercio de augas de bebida envasada.

Sétimo. Con data 23 de xuño de 2015 de rexistro de entrada no Edificio Administrativo de Pontevedra, recíbese informe do Instituto Xeóloxico e Mineiro de España (IXME) no cal autoriza o perímetro de protección cunha leve modificación do proposto no proxecto do Concello, que queda definido como segue:

Zona de restricións máximas (ZMA).

O IXME propón o valado do contorno inmediato da captación nun perímetro de 25 m2. Nesta zona debe restrinxirse toda actividade que non corresponda ao estritamente necesario para o funcionamento e mantemento da captación.

Zona de restricións medias (ZME):

Vértices

X (ETRS 89)

Y (ETRS 89)

1

522.213

4.723.967

2

522.191

4.724.275

3

522.285

4.724.527

4

522.745

4.724.869

5

523.095

4.724.935

6

524.021

4.724.814

7

523.420

4.723.796

Zona de restricións mínimas (ZMI):

Vértices

X (ETRS 89)

Y (ETRS 89)

1

523.847

4.725.591

2

524.831

4.725.546

2

524.384

4.723.662

4

523.420

4.723.796

5

524.021

4.724.814

6

523.095

4.724.935

Indica tamén o informe que para a protección cualitativa da auga se debe limitar ou prohibir dentro do perímetro de protección calquera actividade posterior á aprobación do perímetro que poida dar lugar a un novo foco de contaminación. Para a protección cuantitativa non deberán permitirse dentro do perímetro de protección novas perforacións por parte de terceiros que afecten o acuífero sen autorización da autoridade mineira.

Oitavo. Con data 6 de xullo de 2015 emite informe favorable un técnico competente do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, e propón que se autorice o aproveitamento das augas mineromedicinais e termais do pozo As Lombas, para tratamentos terapéuticos en instalacións balnearias, cun caudal de aproveitamento de 93.000 l/día e un perímetro de protección definido polas coordenadas das zonas de restricións propostas polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España.

Fundamentos legais:

Primeiro. De acordo coa Orde do 24 de abril de 2013, sobre delegación de competencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria, a competencia para a elaboración das propostas de autorización do aproveitamento das augas mineromedicinais corresponde ao xefe territorial.

Segundo. Segundo o disposto no artigo 16 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co artigo 3 da Orde do 10 de decembro de 2014, de delegación de competencias na Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, corresponde ao director xeral de Enerxía e Minas ditar a declaración que proceda no tocante ao outorgamento do aproveitamento das augas.

Terceiro. Na resolución deste expediente administrativo resulta necesario ter presente, dada a súa relevancia, o disposto no artigo 13 da Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 13:

1. Para exercer o dereito ao aproveitamento das augas minerais, termais e de manancial, deberase solicitar a oportuna concesión administrativa, e presentar un proxecto xeral de aproveitamento, composto polos documentos que regulamentariamente se establezan, e fixando, ademais, un perímetro de protección para a conservación do acuífero, definido por coordenadas xeográficas referidas ao meridiano de Greenwich.

2. Ademais doutras condicións que se fixen regulamentariamente, para exercer o dereito de aproveitamento das augas a que se refire a presente lei deberá solicitarse a oportuna concesión administrativa, presentando o proxecto xeral de aproveitamento, o orzamento dos investimentos que se van realizar e o plan de viabilidade. Así mesmo, solicitarase un perímetro de protección tendente á conservación do acuífero e un estudo xustificando a necesidade del e a delimitación proposta.

O antedito perímetro de protección, definido por coordenadas xeográficas referidas ao meridiano de Greenwich, estará constituído por tres zonas, que limitarán as actividades que se pretendan levar a cabo nelas: zona de restricións máximas, zona de restricións medias e zona de restricións mínimas. As tres zonas estableceranse en función do que se denomina «tempo de tránsito», que se define como o tempo que transcorre entre a entrada dunha substancia no seo do acuífero e a súa extracción pola captación.

Ao inicio do aproveitamento das augas, o titular do dereito deberá dispor dos terreos que comprendan a zona de restricións máximas.

Cuarto. Dos informes emitidos pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, a Dirección Xeral de Saúde Pública e o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, e demais documentación que consta incorporada ao expediente administrativo, constátase que se cumpren os requisitos para autorizar o aproveitamento das augas mineromedicinais e termais do pozo As Lombas, sito no termo municipal de Catoira, provincia de Pontevedra, solicitado polo Concello de Catoira.

Polo exposto, visto o expediente administrativo, a Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, o Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978, e demais normativa de aplicación,

RESOLVO:

Autorizar o aproveitamento para uso exclusivamente nun establecemento balneario das augas mineromedicinais e termais procedentes do pozo As Lombas, que ten un caudal de 7 l/s e unha temperatura de surxencia de 18,3º C, a favor do Concello de Catoira, con CIF P3601000G e domicilio para os efectos de notificacións na rúa do Concello, nº 6, 36612 Catoira para un caudal de aproveitamento de 93.000 l/día, e queda o perímetro de protección definido pola seguinte designación perimetral:

Zona de restricións máximas (ZMA).

Coordenadas do pozo (ETRS 89) X= 523.156 e Y= 4.724.459.

Valado perimetral de 25 m2 co centro na captación.

Zona de restricións medias (ZME):

Vértices

X (ETRS 89)

Y (ETRS 89)

1

522.213

4.723.967

2

522.191

4.724.275

3

522.285

4.724.527

4

522.745

4.724.869

5

523.095

4.724.935

6

524.021

4.724.814

7

523.420

4.723.796

Zona de restricións mínimas (ZMI):

Vértices

X (ETRS 89)

Y (ETRS 89)

1

523.847

4.725.591

2

524.831

4.725.546

2

524.384

4.723.662

4

523.420

4.723.796

5

524.021

4.724.814

6

523.095

4.724.935

Vista a proposta de resolución, veño darlle a miña conformidade nos termos expostos e elevala a resolución.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes, contado desde a mesma data, de acordo co establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren procedente.


DOG nº34 do 19 de febreiro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s