Normas de pesca nas augas continentais de Galicia para o 2016

ORDE do 28 de xaneiro de 2016 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2016

pesca_fluvialOs artigos 46 e 47 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), recollen a obriga da Administración de adoptar, mediante unha orde anual, as normas xerais de pesca fluvial de distintas especies ictícolas e dos demais seres vivos que habitan as augas continentais de Galicia.

Neste sentido, establécense nestes artigos os contidos mínimos das normas xerais que deben figurar na orde, así como, épocas hábiles, tamaños mínimos das especies e as cotas de captura, tipos de engado que se empregarán con cada especie e as modalidades de pesca permitidas, e prevese, así mesmo, a súa aprobación pola persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do anterior, en concordancia co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e a súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Normas para a pesca do salmón

1. Períodos hábiles.

a) Coutos da Pontenova (lotes 1, 2 e 3), Betanzos, Celeiro, Frieira, Monteporreiro, Salmeán, Santeles, Sinde e Ximonde: do 1 de maio ao 31 de xullo. Poderá adiantarse o remate da tempada en función das cotas de captura que se establecen máis adiante. Nos coutos do río Ulla antes sinalados, logo do remate da tempada de salmón unicamente se expedirán permisos de pesca sen morte.

b) Coutos do río Eo compartidos con Asturias (lotes 4 e 5 da Pontenova, lotes 2 e 3 de San Tirso e lotes 4 a 9 de Abres; no sucesivo, río Eo compartido): do 24 de abril ao 15 de xullo.

c) Outras masas de auga: non se autoriza a captura do salmón.

2. Dimensións mínimas e cotas de captura.

a) Para os efectos do disposto no artigo 20 da Lei de pesca fluvial e no 71 do seu regulamento, fíxase unha dimensión mínima de 40 cm. No río Eo compartido a dimensión mínima fíxase en 45 cm.

b) Cota de captura por persoa e xornada: un exemplar.

c) Cotas anuais de captura: 15 exemplares no río Lérez, 5 no río Mandeo, 15 no río Masma, 8 no río Miño, 10 no couto de Salmeán e 60 no río Ulla. No resto dos coutos autorizados no río Eo non establece cota anual de captura.

3. Engados.

a) Engados artificiais autorizados: mosca artificial, culleriña e peixes artificiais ou semellantes.

No río Eo compartido, a partir do 1 de xuño prohíbense a culleriña, o devón e mais os peixes artificiais e semellantes. A partir do 16 de xuño só se permite a mosca artificial.

b) Engados naturais autorizados: miñoca e quisquilla. Só se poderán empregar con anzois de dimensións maiores ou iguais que as que se sinalan no anexo I desta orde.

No río Eo compartido, a partir do 16 de xuño prohíbense os engados naturais.

4. Prescricións especiais para as capturas de salmón.

As capturas accidentais, as capturas fóra da tempada hábil, as capturas de exemplares de dimensión menor cá mínima e máis as capturas en tramos de pesca sen morte terán que ser devoltas á auga con rapidez, mantendo o peixe na auga mentres se libera do engado e pódese valer dunha sacadeira; nunca deberá ser suspendido verticalmente suxeitándoo polo rabo e, de ser preciso, procederase a cortar a sedela para liberar o peixe.

En todos os salmóns capturados se comprobará a existencia de micromarcas magnéticas na cartilaxe nasal no momento de seren precintados e guiados.

Dado que os salmóns micromarcados proceden das repoboacións efectuadas pola Administración galega ou por outras administracións españolas ou estranxeiras, débense recuperar as micromarcas mediante a extracción do fragmento da cartilaxe nasal en que se atope a citada micromarca magnética. Nestes casos, deberase prestar a colaboración necesaria e permitir a permanencia do salmón no centro de precintaxe o tempo necesario para a recuperación da micromarca magnética propiedade da Administración autora da repoboación.

(…)


Ver texto completo da Orde: DOG nº32 do 17 de febreiro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s