Exposicion Cartografía Escolar dos séculos XIX e XX. “O mundo nas mans”

exposicion_cartografia_escolarDesde o día 5 de febreiro o Museo Pedagóxico de Galicia mostra a nova exposición adicada a cartografía escolar dos séculos XIX e XX. Nela aparecen materiais didácticos e curiosidades relacionadas coa Xeografía e a Cartografía escolar. Mostra inaugurada polo Sr. Presidente da Xunta, D.Alberto núñez Feijoo (ver nova da Exposición nesta ligazón)

No ano 1916, o profesor da Escola Normal de Pontevedra e futuro director da de Santiago, José María Crespo Rodríguez, editaba o libro Nociones de Geografía de Galicia, que se considera o primeiro manual de Xeografía dedicado a Galicia. Exactamente cen anos antes Domingo Fontán iniciara no pombal do pazo de Sobrecarreira os exercicios preliminares para a confección da súa Carta Geométrica de Galicia.
Con motivo dos respectivos centenario e bicentenario, e dentro da programación do Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega), inaugúrase a exposición temporal O mundo nas mans. Cartografía escolar dos séculos XIX e XX na que se amosa, ademais do libro e do mapa mencionados, unha escolma de 73 pezas relacionadas coa cartografía e as disciplinas que a empregaban como medio didáctico. No seguinte enlace atoparedes toda a información que precisades sobre a nova exposición.

O mundo nas mans vai acompañado dun Programa de Actividades Didácticas dirixidas ós centros que queiran descubrir o MUPEGA dende outra dimensión, a través da súa Exposición Temporal. Estas actividades están pensadas para axudar ós rapaces e rapazas a coñecer os mapas e os principios da cartografía a través das actividades lúdicas e dos obradoiros que están programados e adaptados para todas as etapas educativas.

O mundo nas mans constitúe un manifesto de que co traballo e o esforzo do equipo do museo é posible pór en marcha proxectos deste tipo, que fan vivo o Mupega e que poñen en valor o rico patrimonio histórico-educativo que alberga nos seus fondos, promovendo deste xeito a súa recuperación e difusión.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s