A Nova Lei do Solo de Galicia

nueva_ley_suelo_GaliciaO Anteproxecto da Nova Lei do Solo de Galicia, autorizado polo Consello da Xunta o pasado venres 10 de outubro de 2015, xa finalizou a súa fase de participación pública, na que se permitía a remisión de suxerencias con carácter previo á aprobación do texto definitivo para a súa remisión ao Parlamento de Galicia.

Está prevista unha aprobación parlamentaria xusto antes das próximas eleccións autonómicas do 2016. Dado que a Lei do Solo atópase nestes momentos en trámite parlamentario (está previsto que se aprobe a vindeira semana), propúxose a modificación dun artigo da nova Lei do Solo de Galicia, para solucionar a situación urbanística de Vigo, logo da anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

A negativa do grupo AGE a aceptar a enmenda do artigo 144 que pretende desbloquear os problemas urbanísticos do Concello de Vigo, fará que logo da aprobación da Lei prevista para a vindeira semana, a finais de febreiro-principios de marzo, a Lei volverá ao Pleno.

AGE ten previsto reunirse con representantes de PSA e coa dirección da planta de Citroën (principais afectados da anulación do PXOM de Vigo), para trasladarlles de primeira man a súa oposición á reforma da Lei do Solo e a posibilidade doutras opcións con máis garantías xurídicas. Tamén se incide en que, a enmenda proposta deixa a porta aberta a que, co gaio dun “interese xeral”, na nova Lei do Solo se permita evitar os controis ambientais que deben existir en calquera proxecto urbanístico, de calquera cidade galega.

O anteproxecto está composto de 174 artigos, 2 disposicións adicionais e 5 transitorias, aparentando unha simplificación normativa da actual Lei, reiteradamente modificada e que dificultaba moito a súa aplicación, especialmente en asuntos nos que, pola súa tramitación prolongada, tivo varias versións dos seus preceptos de aplicación.

O documento en cuestión, semella ser unha nova reforma continuista coa LOUGA do 2002 e coa propia Lei do Solo de 1956, xa que continua sen afondar nas especificidades propias de Galicia (a nivel de estrutura territorial, de forma urbana e de procesos edificatorios complexos), e parece ignorar as disfuncionalidades amosadas nos úlitmos 50 anos de planificación urbanística (falta de participación pública real, multiplicación das vivendas, asentamentos fora de ordenación, vivendas isoladas, consenso político sobre a racionalidade da captura privada das plusvalías urbanísticas, normalización das profesions vencelladas, etc.). En síntese, que para este anteproxecto, o gran problema do territorio galego parece residir no “feísmo”, un fenómeno emerxente contra o que se propón loitar mediante a redacción masiva de plans xerais.


Consultar o texto to Anteproxecto da Nova Lei do Solo de Galicia: http://portal.coag.es/web/wp-content/uploads/2015/01/ANTEPROXECTO_LEI_DO_SOLO_WEB.pdf

Documento interactivo, realizado polo Despacho Xurídico-Técnico “Calvo Sobrino” que permite comparar o Anteproxecto coa LOUGA (Lei 9/2002 do 30 de decembro de ordenación urbanística e de proteción do medio rural de Galicia: http://www.calvosobrino.com/anteproyecto-lsg/

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s