Ocupación de terreos para a execución da “Variante de Ourense. Treito: enlace de Eirasvedras coa N-120″

Anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia sobre resolución da Dirección Xeral de Estradas pola que se aproba provisionalmente e se ordena a incoación do expediente de información pública do documento para a información pública do Proxecto de construción: “Variante de Ourense. Treito: enlace de Eirasvedras coa N-120 no seu pq 573,800 – enlace de Quintela coa N-120 no seu pq 572,000. Clave: 13-OR-4600.A. Provincia: Ourense”.

eirasvedrasO director xeral de Estradas, con data 22 de decembro de 2015, resolveu:

1. “Aprobar provisionalmente o documento para información pública, para os efectos de expropiacións e do artigo 12 da Lei de estradas, do proxecto de construción “Variante de Ourense. Treito: enlace de Eirasvedras coa N-120 no seu pq 573,800 – enlace de Quintela coa N-120 no seu pq 572,000”.

2. Ordenar que a Demarcación de Estradas do Estado en Galicia proceda a incoar o correspondente expediente de información pública do citado documento, de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no cumprimento de canto establece a Orde circular 22/07 sobre instrucións complementarias para tramitación de proxectos, así como:

• Os artigos 17, 18 e 19.1 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, sobre a necesidade de ocupación, e concordantes do seu regulamento.
• O artigo 12 da Lei 37/2015, de estradas e concordantes do Regulamento xeral de estradas (Real decreto 1812/1994).

3. Ordenar que a Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, de acordo co artigo 16.1 da Lei 37/2015, de estradas, someta o documento ao preceptivo informe da Comunidade Autónoma e corporacións locais que puidesen ser afectadas.

4. Ordenar que a Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, de acordo co artigo 8 da Lei 37/2015, de estradas, someta o documento a informe dos departamentos ministeriais aos que lles poida afectar.

5. Ordenar que a Demarcación de Estradas do Estado en Galicia leve a cabo os trámites necesarios para que esta resolución e a relación a que se refire o artigo 17 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, sexan publicadas no Boletín Oficial do Estado, Boletín Oficial da Provincia de Ourense e nun dos diarios de maior circulación da devandita provincia, comunicándose, ademais aos concellos en cuxo termo radique a cousa para expropiar, para que sexan fixadas no taboleiro de anuncios (artigo 18.2 da devandita lei).”

En cumprimento do ordenado na devandita resolución e de acordo co artigo 12 da vixente Lei de estradas 37/2015, e concordantes do seu regulamento sométese a información pública, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do primeiro día hábil seguinte ao da data da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado. As observacións que se formulen deberán dirixirse a esta Demarcación e deberán versar sobre as circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral da estrada e sobre a concepción global do seu trazado.

Así mesmo, e de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e en cumprimento do establecidonos artigos 17, 18 e 19.1 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, sobre a necesidade de ocupación e concordantes do seu regulamento aprobado por Decreto do 26 de abril de 1957 (BOE de 20.06.1957), sométese a trámite de información pública durante un prazo de vinte días hábiles a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que se consideran de necesaria ocupación.

(…)


Relación individualizada dos bens e dereitos afectados: BOP de Ourense do 2 de febreiro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s