Ampliación do prazo de solicitude das subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Núcleo de Vilar de Santos

Por acordo da Alcaldía con data 29.01.2016, aprobouse a modificación das bases reguladoras da convocatoria para a concesión de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Núcleo de Vilar de Santos (Área de Rehabilitación Integral (ARI) do núcleo rural de Vilar de Santos). Os interesados teñen ata o 29 de febreiro de 2016 para a presentación das súas instancias. A continuación, transcríbese a modificación aprobada.

Bases e convocatoria para a concesión de subvencións para a Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Núcleo de Vilar de Santos (Área de Rehabilitación Integral (ARI) do núcleo Rural de Vilar de Santos):

Base 11. Prazos e normas xerais de procedemento.

Vilar_de_Santos6. Prazos:

a.- Para a presentación da solicitude: o prazo comezará ao día seguinte da publicación do anuncio de aprobación destas bases e da correspondente convocatoria no BOP, e finalizará o vindeiro 29 de febreiro de 2016.
Poderán admitirse solicitudes fóra do prazo establecido cando, por causa xustificada, non se puidesen presentar no prazo indicado. Estas peticións tramitaranse de acordo coas presentes bases, agás no que se refire ao cumprimento do prazo e estarán supeditadas á existencia de dispoñibilidade orzamentaria.

b.- Xustificación da actuación: as obras estarán rematadas no prazo máximo establecido no acordo de cualificación provisional das axudas, dentro da anualidade correspondente, tendo en todo caso como prazo límite o 30 de novembro de 2016.


BOP de Ourense nº26 do 2 de febreiro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s