VI Congreso internacional de Agroecoloxía

cartel_vi_congreso_agroecoloxiaO Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo organiza o VI Congreso Internacional de Agroecoloxía que vai a ter lugar en Vigo os días 16 e 17 de xuño de 2016. O lema escollido para esta edición é o de “Cambiando os modelos de consumo para construír sistemas agroalimentarios sustentables”

OBXECTIVO XERAL
O VI Congreso Internacional de Agroecoloxía, con motivo do décimo aniversario do inicio desta actividade científica, queremos que supoña un punto de inflexión no seu desenvolvemento. Sendo importante a tecnoloxía innovadora para producir alimentos, o centro da nosa atención deben ser as persoas, as comunidades que comparten e as institucións das que forman parte para construírmos de xeito inmediato novos sistemas agroalimentarios: os cambios sociais son máis espontáneos que os tecnolóxicos, e as decisións políticas son urxentes, cada vez máis. Non podemos seguir agardando a cambios tecnolóxicos salvadores: é urxente tomar xa decisións sociais, introducir cambios institucionais e políticos para solucionar problemas económicos, sociais e ambientais.

O VI Congreso Internacional de Agroecoloxía é unha chamada a científicxs, movementos sociais, empresas, persoas e comunidades para compartillar os procesos de innovación social, política e institucional nos que esas entidades están inseridos. Eses procesos innovadores servirán para construírmos novos sistemas agroalimentarios que respondan adecuadamente aos problemas impostergábeis do cambio climático e da fame.

ÁREAS TEMÁTICAS
O Congreso está estruturado segundo tres dimensións e dez áreas temáticas.

1. DIMENSIÓN TÉCNICO-PRODUTIVA
ÁREA TEMÁTICA 1. Manexo agroecolóxico de sistemas
ÁREA TEMÁTICA 2. Estratexias para a conservación da biodiversidade.
ÁREA TEMÁTICA 3. Cadea agroalimentaria, distribución e conservación de alimentos

2. DIMENSIÓN POLÍTICA
ÁREA TEMÁTICA 4. As institucións públicas como demandantes de alimentos.
ÁREA TEMÁTICA 5. Acción social e comunitaria: mobilizando recursos abandonados e construíndo solucións para a subalimentación.
ÁREA TEMÁTICA 6. Economía global e acción local.
ÁREA TEMÁTICA 7. Feminismo e Agroecoloxía.

3. DIMENSIÓN SOCIOCULTURAL
ÁREA TEMÁTICA 8. Novas formas de coñecemento e de propiedade para a sustentabilidade.
ÁREA TEMÁTICA 9. Experiencias comunitarias de desenvolvemento humano.
ÁREA TEMÁTICA 10. Ética, epistemoloxía e educación para a agroecoloxía.

Existen dúas modalidades de participación: Presentación de Experiencias e Presentación de Comunicación

PRESENTACIÓN DE EXPERIENCIAS PRODUTIVAS E DE CONSUMO
O VI Congreso Internacional de Agroecoloxía quer constituír un espazo para a presentación de experiencias innovadoras no ámbito produtivo ou no de consumo, que se desenvolvan dentro do ámbito agroecolóxico, incluíndo as propostas de agricultura orgánica.

ENVÍO DE RESUMOS
Deberase remitir o resumo (agroecoloxia2016@uvigo.es) en arquivo de texto, cun máximo de 2 páxinas facendo constar: Autor/a; Título da Experiencia; e as seguintes cuestións: En que consiste/n a/s experiencia/s? Cales son os seus obxectivos? Como xurdiu a/s iniciativa/s? Cales son os elementos críticos e os limitantes cos que conta/n? Cal é a situación actual da iniciativa e como se ve o seu futuro?
Data límite: 2 de maio de 2016
Resposta do Comité Organizador: recibido o resumo, en 15 días remitirase a decisión de aceptación ou rexeitamento da presentación da experiencia.

PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS-ENVÍO DE RESUMOS
Deberase remitir o resumo (agroecoloxia2016@uvigo.es) en arquivo de texto, cun máximo de 2 páxinas facendo constar: Autor/a; Titulo; Área Temática na que se propón incluír.
Data límite: 30 de marzo
Recibido o resumo, en 15 días o Comité Científico remitirá ó 1º autor/a e-mail indicando a súa aceptación ou rexeitamento.

ENVÍO DE TEXTOS COMPLETOS
Para os resumos aceptados, os textos completos presentaranse (agroecoloxia2016@uvigo.es) en arquivo de texto cun máximo de 15 páxinas, incluídos cadros, gráficas e bibliografía: papel A4, marxes simétricas de 2,5 cm., 1,5 de interliñado e letra verdana 12.
Data límite: 2 de maio
Recibido o texto completo, en 15 días o Comité Científico remitirá ó 1º autor/a e-mail indicando a súa aceptación ou rexeitamento. Nese mesmo envío indicarase a forma de presentación (oral ou póster).
Nota: as normas anteriores son de obrigado cumprimento.

EDICIÓN DE MATERIAIS
Editarase libro con ISBN cunha selección das comunicacións aceptadas para a súa presentación no Congreso.
Editaranse vídeos específicos coas presentacións das experiencias produtivas e de consumo, e con algunhas comunicacións.

IDIOMAS DO CONGRESO
O idioma do congreso será o galego. Textos e presentacións tamén serán aceptadas en castelán, portugués e inglés.

LUGAR DE CELEBRACIÓN
Universidade de Vigo. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus Universitario. Lagoas-Marcosende. Vigo.

TAXAS DE INSCRICIÓN E DATAS
Antes do 1 de Maio
– Cota ordinaria: 60 €
– Estudantes e desempregados/as: 30 €
A partir do 1 de Maio
– Cota ordinaria: 90 €
– Estudantes e desempregados/as: 45 €
Para inscribirse coa taxa reducida será preciso presentar documento acreditativo da condición requirida. No caso de coexistir a situación de estudante coa de traballador/a tomarase en conta esta última para fixar a taxa de inscrición.
A matrícula dá dereito a asistir a todas as actividades programadas, recibir os materiais do Congreso e o libro de actas con ISBN.

MODO DE REALIZAR O PAGO DA INSCRICIÓN
Matrícula desde Galicia ou Comunidade Autónoma do Estado:
Para realizar o pago da inscrición hai que facer unha transferencia á seguinte conta:
2080 5155 9730 4000 0250
Indicando no concepto ECOECOAGRO, o nome e o DNI.
Matrícula desde o estranxeiro:
Para realizar o pago da inscrición hai que facer unha transferencia á seguinte conta:
IBAN: ES31 2080 5155 9730 4000 0250
BIC: CAGLESMMXXX
Indicando no concepto ECOECOAGRO, o nome e o DNI.
Despois de realizado o pago é preciso enviar copia do xustificante de pago á secretaría do Congreso a:
(agroecoloxia2016@uvigo.es); fax: 986.812.401 xunto coa folla de inscrición que se pode descargar en:
http://economiaecoloxica.webs.uvigo.es/docs/novas/51/formulario_inscricion_galego.pdf

COMITÉ CIENTÍFICO
Jesús Madera Pacheco. Universidad Autónoma de Nayarit (México)
Marta Soler Montiel. Universidad de Sevilla
Santiago Sarandón. Universidad de la Plata (Arxentina).
Isabel Mourão. Escola Superior Agraria (Portugal)
Simón Pérez Martínez. Universidad Estatal de Milagro (Ecuador)
Emma Siliprandi. Universidade Internacional de Andalucía
Jorge Tavares. Universidade de Pernanbuco (Brasil)
David Pérez Neira. Universidad de León
Lourenzo Férnandez Prieto. Universidade de Santiago de Compostela
Manuel Delgado Cabeza. Universidad de Sevilla

COMITÉ DE ORGANIZACIÓN
David Pérez Neira. Universidad de León
Xavier Simón Fernández. Universidade de Vigo
Damián Copena Rodríguez. Universidade de Vigo
Dolores Domínguez. Universidade de Vigo
Paul Swagmakers. Universidade de Vigo

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s