Clasificación como veciñal en man común do monte Coto, Rabadán e Pena de Areas (Concello do Carballiño, Ourense)

EDICTO do 22 de decembro de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Coto, Rabadán e Pena de Areas, a favor dos veciños de Mosteiro, na parroquia de Lobás (Santa Ouxea), no concello do Carballiño (Ourense).

parroquia_Lobas_CarballiñoEn cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 10 de decembro de 2015, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Coto, Rabadán e Pena de Areas, a favor dos veciños de Mosteiro, na parroquia de Lobás (Santa Ouxea), no concello do Carballiño (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 27 de maio de 2004, tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños de Mosteiro, no cal solicitan a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Coto, Rabadán e Pena de Areas.

Segundo. Con data do 10 de decembro de 2014, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións ás cales fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Denominación do monte : Coto, Rabadán e Pena de Areas.

Superficie: 3,242 ha.

Pertenza: veciños de Mosteiro.

Parroquia: Lobás (Santa Ouxea).

Concello: O Carballiño.

• Coto:

– Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcela

Superficie catastral (ha)

Superficie que hai que clasificar (ha)

O Carballiño

501

694

1,975

1,969

12

2060

1,957

0,119

1186

0,301

0,059

1179

0,672

0,009

9002

2,243

0,018

Total

2,174

– Estremas:

Norte (parcelas obtidas do catastro virtual enumerados de oeste a leste):

Concello

Polígono

Parcela

O Carballiño

501

698

20691

Leste (parcelas obtidas do catastro virtual enumerados de norte a sur):

Concello

Polígono

Parcela

O Carballiño

501

9011

12

9002

Sur (parcelas obtidas do catastro virtual enumerados de leste a oeste):

Concello

Polígono

Parcela

O Carballiño

12

1179

1186

Oeste (parcelas obtidas do catastro virtual enumerados de sur a norte):

Concello

Polígono

Parcela

O Carballiño

12

2060

1187

501

695

10697

20697

• Rabadán.

– Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcela

Superficie catastral (ha)

Superficie que hai que clasificar (ha)

O Carballiño

12

1189

0,12

0,021

1305

0,072

0,007

2060

1,957

0,168

Total

0,196

– Estremas:

Norte (parcelas obtidas do catastro virtual enumerados de oeste a leste):

Concello

Polígono

Parcela

O Carballiño

12

1189

2060

Leste (parcelas obtidas do catastro virtual enumerados de norte a sur):

Concello

Polígono

Parcela

O Carballiño

12

9002

Sur (parcelas obtidas do catastro virtual enumerados de leste a oeste):

Concello

Polígono

Parcela

O Carballiño

12

2060

Oeste (parcelas obtidas do catastro virtual enumerados de sur a norte):

Concello

Polígono

Parcela

O Carballiño

12

1305

• Pena de Areas:

– Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcela

Superficie catastral (ha)

Superficie que hai que clasificar (ha)

O Carballiño

12

709

1,072

1,072

– Estremas:

Norte (parcelas obtidas do catastro virtual enumerados de oeste a leste):

Concello

Polígono

Parcela

O Carballiño

12

9009

711

Leste (parcelas obtidas do catastro virtual enumerados de norte a sur):

Concello

Polígono

Parcela

O Carballiño

12

9008

613

614

615

618

619

623

624

625

626

627

628

Sur (parcelas obtidas do catastro virtual enumerados de leste a oeste):

Concello

Polígono

Parcela

O Carballiño

12

630

633

Oeste (parcelas obtidas do catastro virtual enumerados de sur a norte):

Concello

Polígono

Parcela

O Carballiño

12

649

684

685

686

700

A clasificación destes terreos non afecta a ningún monte veciñal en man común dos clasificados ata a data, nin dos que están en trámites de clasificación. Estes terreos non invaden montes catalogados de utilidade pública, montes cualificados como protectores ou con outras figuras de especial protección. E non están afectados por consorcios ou convenios para a xestión forestal pública.

A parcela Coto linda polo oeste, nunha parte, con monte veciñal sen clasificar dos veciños de Souto e Valeiras e a parcela Rabadán sitúase parcialmente na parcela 2060 dos devanditos veciños.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita Lei «son montes veciñais en man común… os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da sala contencioso-administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Coto, Rabadán e Pena de Areas, a favor dos veciños de Mosteiro, na parroquia de Lobás (Santa Ouxea), no concello do Carballiño (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.


DOG nº18 do 28 de xaneiro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s