Información pública sobre a proposta de declaración do ENIL Río Abelleira (Concello de Carral, A Coruña)

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública a proposta de declaración de espazo natural de interese local da zona denominada Río Abelleira, pertencente ao concello de Carral (A Coruña)

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, define como espazos naturais protexidos aqueles espazos que conteñan elementos ou sistemas naturais de particular valor, interese ou singularidade, tanto debidos á acción e evolución da natureza como derivados da actividade humana, e que fosen declarados como tales. Entre as diferentes categorías de espazo natural protexido establecidas destaca unha prevista para a protección nun termo municipal dos valores naturais singulares relevantes a nivel local, os espazos naturais de interese local (ENIL).

rio-abelleira_CarralO artigo 17 da lei establece que, por petición dun concello e tras solicitar os informes preceptivos pertinentes, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio poderá declarar como ENIL aqueles espazos integrados no seu termo municipal que polas súas singularidades sexan merecedores dalgún tipo de protección dos seus valores naturais. A declaración é competencia da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mentres que a responsabilidade da súa xestión será municipal. Así mesmo, a declaración dun ENIL non comporta a súa inclusión na Rede galega de espazos naturais protexidos.

A regulación dos espazos naturais de interese local recollida na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, foi desenvolvida polo Decreto 124/2005, do 6 de maio, polo que se regula a figura do espazo natural de interese local e a figura do espazo privado de interese natural. O artigo 4 deste decreto recolle a posibilidade que ten a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de declarar, de maneira provisional, un ENIL por un prazo non superior a dous anos, debendo presentar dentro deste prazo os promotores, como requisito imprescindible para a declaración do ENIL, o plan de conservación deste espazo.

Vista a solicitude presentada polo Concello de Carral ante a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, para a declaración do lugar denominado Río Abelleira como espazo natural de interese local, esta dirección xeral considera necesario establecer un período de información pública na tramitación da solicitude co obxecto de cumprir co disposto no artigo 3.5 da Lei 4/2006, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega e co preceptuado pola Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á xustiza en materia de ambiente.

Polas razóns explicadas,

RESOLVO:

Primeiro. Someter a información pública e audiencia aos interesados a proposta de declaración do espazo natural de interese local Río Abelleira durante un prazo de vinte (20) días, contando o devandito período desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, coa finalidade de que aqueles interesados que se consideren directamente afectados poidan remitir alegacións mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou ben ao enderezo electrónico planificacion.conservacion@xunta.es, poñendo no asunto ENIL Río Abelleira.

Segundo. A proposta de declaración do ENIL Río Abelleira componse dunha memoria técnica e dos planos, achegados polo Concello de Carral, xunto co borrador de orde pola que se declara, de xeito provisional, como espazo natural de interese local a Río Abelleira.

Terceiro. Durante o citado prazo estes documentos poderán ser examinados nas seguintes dependencias:

– Subdirección Xeral de Espazos Naturais, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio na Coruña (Edificio Monelos, 5º andar, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello de Carral. Campo da Feira, nº 1, 15175 Carral (A Coruña).

Do mesmo xeito poderase consultar o texto da memoria da proposta de declaración provisional na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://cmati.xunta.es).


DOG nº18 do 28 de xaneiro de 2016


05/04/2014-La Voz de Galicia. “Ruta por los Molinos del Río Abelleira en Carral

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s