Creación do Couto de Pesca de Carboeiro, no río Deza e modificación do couto de Santeles, no río Ulla

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se crea o couto de pesca de Carboeiro, no río Deza, e se modifica o límite superior do couto de Santeles, no río Ulla.

Antecedentes

De conformidade co disposto no artigo 68 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG núm. 106, do 4 de xuño), a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio aprobou o Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla.

O couto de pesca de Santeles creouse mediante a Resolución do 23 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se crean os coutos de pesca de Pontevea e Santeles, no río Ulla, e o couto de pesca de Deza, nos ríos Deza e Ulla (DOG núm. 248, do 29 de decembro).

pesca_fluvialDe conformidade co disposto no artigo 15 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, o Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Pontevedra iniciou o expediente para a creación do couto de pesca de Carboeiro, no río Deza, e de modificación do límite superior do couto de pesca de Santeles, no río Ulla.

O expediente de creación do couto de pesca de Carboeiro, no río Deza, e de modificación do límite superior do couto de pesca de Santeles, no río Ulla, foi sometido a información pública mediante Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 29 de outubro de 2015 (DOG núm. 217, do 13 de novembro).

No prazo de participación pública non se presentaron alegacións.

No expediente de creación do couto de pesca de Carboeiro, no río Deza, e de modificación do límite superior do couto de pesca de Santeles, no río Ulla, consta o informe favorable do Comité Provincial de Pesca Fluvial de Pontevedra, en sesión do 8 de outubro de 2015.

Consideracións legais

O expediente de creación do couto de pesca de Carboeiro, no río Deza, e de modificación do límite superior do couto de pesca de Santeles, no río Ulla, cumpre os requisitos establecidos na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG núm. 151, do 5 de agosto), no Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, e demais normativa de aplicación.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza é competente para resolver o expediente segundo o disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, no Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, e mais no Decreto 167/2015, do 19 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG núm. 221, do 19 de novembro).

Resolución

De conformidade con todo o anterior, resolvo crear o couto de pesca de Carboeiro, no río Deza, e modificar o límite superior do couto de pesca de Santeles, no río Ulla, cos límites e a normativa que a seguir se establecen:

Couto de Carboeiro

• Concellos: Silleda e Vila de Cruces.

• Límite superior: 30 m augas abaixo da restitución de auga da minicentral de Saídres (X: 562.545; Y: 4.734.142).

• Límite inferior: desembocadura do río Orza (X: 560.670; Y: 4.734.698).

• Lonxitude aproximada: 4,1 km.

• Clasificación: couto de pesca sen morte.

• Permisos diarios: 8.

• Xornadas inhábiles: segundo a orde anual de pesca continental.

Couto de Santeles

• Concellos: A Estrada e Vedra.

• Límite superior: 100 m augas abaixo da canle de Covelas (X: 543.053; Y: 4.732.683).

• Límite inferior: presa do muíño de Arnelas (X: 541.548; Y: 4.733.849).

• Lonxitude aproximada: 1,88 km.

• Clasificación: couto de salmón e, logo da finalización da tempada de salmón, couto de pesca sen morte.

• Permisos diarios: 8.

• Cotas de captura, tamaños mínimos e xornadas inhábiles: segundo a orde anual de pesca continental.

As coordenadas están expresadas no sistema ETRS89, proxección UTM-29N.

De conformidade co disposto no artigo 15 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), inclúense nos coutos de pesca os 100 m finais de todos os afluentes existentes nos tramos acoutados.

Contra esta resolución caberá, de conformidade cos artigos 107.1, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición do recurso de alzada perante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº18 do 28 de xaneiro de 2016


GUÍA INFORMATIVA DA PESCA FLUVIAL EN GALICIA 2015

Máis Información sobre a Pesca Fluvial en Galicia: http://www.cmati.xunta.es/seccion-organizacion/c/DX_Conservacion_Natureza?content=/Portal-Web/Contidos/Seccions/Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Pesca_fluvial/seccion.html

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s