Aprobación Inicial da delimitación do núcleo rural de Follente (A Irixoa)

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no núcleo rural de Follente (Concello da Irixoa, A Coruña)

concello_A_IrixoaO Pleno deste concello, na sesión do 30 de decembro de 2015, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Irixoa (PXOM-Irixoa) no núcleo rural de Follente (parroquia de Mántaras), cos efectos legais que establece o artigo 85.2 da Lei galega 9/2002. A aprobación inicial comporta suspensión de licenzas de parcelación, edificación e demolición nas parcelas 616 e 617 do polígono 39 do catastro de Irixoa; a suspensión terá o prazo máximo de dous anos contados desde a aprobación inicial, é dicir, que como máximo rematará o 30.12.2017 e que, en calquera caso, se extinguirá pola aprobación definitiva da modificación puntual.

O dito acordo sométese a información pública durante o prazo de dous (2) meses mediante a súa publicación no DOG, BOP e en dous dos xornais de maior circulación da provincia. Simultaneamente solicitaranse os informes sectoriais necesarios, segundo o artigo 85.3 da Lei galega 9/2002.

O expediente pódese consultar na secretaría do concello, das 9.00 ás 14.30 horas.


DOG nº16 do 26 de xaneiro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s