Aprobación definitiva da delimitación do núcleo rural de Prados (Concello de Coles, Ourense)

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Coles para a adaptación do núcleo rural de Prados á Lei 2/2010.

delimitacion_nr_Prados_ColesO Concello de Coles, conforme o disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), remite o expediente de referencia para a súa aprobación definitiva.

Unha vez analizada a documentación achegada polo Concello de Coles e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

I.1. O Concello de Coles dispón de normas subsidiarias de planeamento municipal, actualmente vixentes, aprobadas definitivamente con data do 15 de febreiro de 1995, cunha modificación puntual.

I.2. A tramitación da presente modificación puntual foi a seguinte:

• Constan os informes municipais técnico e xurídico, do 10.12.2013 e do 22.1.2014.

• O 7.1.2014, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental declarou a non necesidade de someter á avaliación ambiental estratéxica a modificación puntual (DOG do 3 de febreiro).

• O Pleno do Concello, en sesión do 14.3.2014, aprobou inicialmente a modificación e someteuna á información pública durante dous meses mediante anuncios nos diarios La Región e La Voz de Galicia do 10.4.2014 e no DOG do 10 de abril.

• Deuse audiencia aos municipios limítrofes de Vilamarín, A Peroxa, Ourense, O Pereiro de Aguiar e Amoeiro, e consta contestación de Ourense e O Pereiro de Aguiar na cal sinalan que a modificación puntual non afecta os seus respectivos municipios.

• Durante o período de exposición non se presentou ningunha alegación.

• Consta informe favorable do 28.4.2014, da Deputación Provincial de Ourense.

• Consta informe favorable do 28.4.2014, da Subdirección Xeral de Redes e Operadores de Telecomunicacións do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

• Consta informe do 5.5.2014, da Axencia Galega de Infraestruturas da CMATI, cánto á non afectación a ningunha estrada de titularidade autonómica.

• Consta informe favorable do 12.5.2014, de Adif.

• Consta oficio do 12.5.2014, da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento, que sinala a non afectación a estradas estatais.

• Consta informe do 13.5.2014, da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria, que sinala que non existen dereitos mineiros afectados.

• Consta informe favorable do 13.5.2014, da Consellería do Medio Rural e do Mar.

• Constan informes da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, do 11.9.2014 e do 10.12.2014, favorable con condicións.

• Constan informes da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 26.9.2014 e 1.7.2015 (desfavorables) e do 25.8.2015 favorable con condicións.

• Constan novos informes municipais técnico e xurídico do 1.9.2015.

• O Pleno do Concello, en sesión do 4.9.2014, aprobou provisionalmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Coles para a adaptación do núcleo de Prados á Lei 2/2010, coas modificacións requiridas nos informes sectoriais emitidos.

II. Análise e consideracións.

II.1. O ámbito de actuación é o núcleo rural de Prados e unha zona situada ao sueste de Prados e afecta, segundo as NSPM vixentes, solo non urbanizable do núcleo rural e solo non urbanizable común. A superficie total do ámbito é de 55.024 m2 máis a superficie de solo non urbanizable de núcleo rural que se cambia a solo non urbanizable (rústico) común, non cuantificado na memoria.

II.2. O obxectivo da modificación puntual é a revisión da delimitación do núcleo rural de Prados, adaptándoo á Lei 2/2010, tendo en conta as súas peculiaridades urbanísticas e morfolóxicas e a súa capacidade de acollida e demanda previsible de uso residencial no medio rural.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG e en virtude do disposto no artigo 10.1.ñ) do Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais correspóndelle á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Coles para a adaptación da delimitación do núcleo rural de Prados á Lei 2/2010.

Segundo. Contra esta resolución cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Terceiro. Notifíquese ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº14 do 22 de xaneiro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s