De Participación Cidadá e Desenvolvemento Comunitario: o Plan Comunitario de Teis (Vigo)

plan_comunitario_teisAínda que moitos de nós cremos firmemente na importancia que a suma de esforzos en prol de intereses comúns, como pode ser o feito de ter acceso mancomunado a productos ecolóxicos, locais e de comercio xusto, tamén somos partícipes e coñecedores do difícil que isto resulta ás veces.

Desde unha perspectiva construtiva, debemos recoñecer que en cada Asemblea ou Xuntanza de Traballo experimentamos o extremadamente complexo  que nos segue a resultar, a pesares da longa experiencia e da perseverancia, aplicar con éxito os principios de participación, democracia, transparencia e comunicación nos termos nos que fala Marco Marchioni (experto en intervención comunitaria e participación cidadá) neste video, así podemos chegar a imaxinarnos o complexo que resultaría levar a cabo isto mesmo en todo un Barrio, no que existen múltiples e variadas demandas sociais e toda unha diversidade de axentes (individuos, servizos municipais, centros de saúde, de ensino e deportivos, asociacións e colectivos de todo tipo, etc.) participando na Comunidade.

Non obstante e, por moi idílico ou alonxado da nosa realidade diaria que nos poda parecer isto da participación cidadá ou do desenvolvemento comunitario, temos un fantástico exemplo moi preto de nós co que podemos sacar peito: o Plan Comunitario de Teis, unha auténtica coordinadora de barrio con nada menos que 21 anos de traxectoria en Desenvolvemento Comunitario (video de Rosa María Cueto no que se explica que é isto do desenvolvemento comunitario).

Nós inda somos recentes coñecedores deste proxecto, pero resultounos tan interesante que é merecedor de ser compartido e difundido como un modelo a ter en conta. Máis que recomendable entrar na súa nova páxina web: http://www.planteis.org/ a través da cal vos podedes facer unha idea da súa actividade. E, tal vez non seña unha mala idea pasarse algún día destes por alí.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s