Conferencia-Debate sobre os Usos nos Montes Veciñais en Pontevedra

Mañá, sábado 16 de xaneiro de 2016, a partires das 10:30h da mañá, no Pazo da Cultura de Pontevedra e organizada pola Mancomunidade de Montes de Pontevedra, celebrarase unha Mesa Redonda sobre os Usos nos Montes Veciñais en Pontevedra. Ciclistas e comuneiros abordarán nunha mesa redonda os “usos e abusos” do monte.

Participantecartel_monte_veciñals:

  • Manuel Torres, Presidende da Asociación Ciclista “Pedaladas”
  • Francisco Couselo, Presidente da Federación de Caza de Pontevedra
  • José Luis de la Fuente, Sarxento da Garda Civil-Seprona
  • Amalia Pazos, Xefa do Servizo de Montes de Pontevedra. Consellería do Medio Rural
  • Carlos Morgade, Secretario da Mancomunidade de Montes de Pontevedra
  • Calixto Escariz, Xurista experto en monte vecinal

Moderador: Óscar Viéitez, Xornalista


A aparición de obxectos e barreiras, mesmo trampas, que queren impedir o paso polo monte dos ciclistas, é algo cotiá.

Os ciclistas séntense directamente ameazados na súa integridade física, polo que celebraron concentracións e fixeron público un manifesto reclamando o seu dereito a circular polo monte sen atrancos, acusando a comuneiros e cazadores de querer impedilo.

Algúns mesmo chegaron a cuestionar o dereito das comunidades sobre o monte veciñal.

Ante este conflicto, a Mancomunidade de Montes de Pontevedra, na súa última Asemblea, acordou celebrar una mesa redonda sobre os usos do monte e os abusos que se producen, buscando o xeito de compatibilizar os primeiros e evitar os segundos.

Será este sábado 16 de xaneiro, desde as 10,30 da mañá no Salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Nesta mesa redonda participarán: o Presidente da Asociación Ciclista Pedaladas, Manuel Torres; o Presidente da Federación de Caza de Pontevedra, Francisco Couselo; o Sarxento do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil, José Luís de la Fuente; a Xefa do Servizo de Montes da Consellería de Medio Rural, Amalia Pazos; o Secretario da Mancomunidade de Montes de Pontevedra, Xosé Carlos Morgade, e o Xurista experto en monte veciñal, Calixto Escaríz.

A Mancomunidade de Montes de Pontevedra ten especial interese en que o diálogo sexa construtivo e sirva de base a un entendemento que, evitando os abusos e os posibles danos, poida establecer un uso compatible de todos os interesados dentro do cumprimento da lexislación vixente.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s