O Concello de Allariz regula a ordenación e limpeza do monte para evitar incendios

allariz_vista_aerea05/01/2016-La Región

O Concello de Allariz comezará o ano aplicando una nova ordenanza municipal que persegue ordenar as plantacións forestais e mellorar as condicións de salubridade ademais de previr os incendios no medio urbano e rural, cunha correcta xestión da biomasa.

A ordenanza recolle que nos terreos clasificados como chan urbano, ou chan de núcleo rural e chan urbanizable delimitado, os propietarios deberán realizar rozas e podas daqueles arbustos e plantacións que supoñan un risco de incendio, así como manter limpa a maleza nunha franxa de 50 metros perimetral os espazos definidos como redes secundarias de faixas e ao redor de edificacións, vivendas, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais a menos de 400 metros do monte.

As novidades da ordenanza, que prevén multas entre os 100 e 3.000 euros, céntranse nos permisos  de corte en zonas urbanas e que afectan a exemplares centenarios , así como o arborado nas masas forestais. As repoboacións e plantacións quedan prohibidas nos terreos clasificados como chan urbano, urbanizable delimitado e de núcleo rural. Mentres que os existentes antes do ano 2010 deberán adecuarse para gardar, respecto das edificacións, unha distancia mínima de 30 metros (15 m tratándose de especies frondosas).

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: