Aprobación definitiva da delimitación dos núcleos rurais de Pereiras e A Venda do Río (Concello de Taboadela. Ourense)

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal de Taboadela (Ourense) nos núcleos rurais de Pereiras e A Venda do Río.

delimitacion_nucleos_Taboadela_Pereiras-Venda_RioO Concello de Taboadela, conforme o disposto no artigo 85.7 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, remite o expediente da modificación puntual nº 3 do PXOM nos núcleos rurais de Pereiras e A Venda do Río para a súa aprobación definitiva. Unha vez analizado o expediente remitido polo concello, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

I.1. O Concello de Taboadela dispón actualmente vixente dun Plan xeral de ordenación municipal, aprobado definitivamente o 28.7.2008, cunha modificación puntual.

I.2. A tramitación da presente modificación puntual foi a seguinte:

• O 21.11.2012 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental declarou a non necesidade de someter a avaliación ambiental estratéxica a modificación puntual, decisión publicada no DOG núm. 243, do 21.12.2012.

• Constan informes municipais: técnico do 1.10.2012 e xurídico do 28.12.2012.

• O 14.3.2013 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe previo á aprobación inicial da modificación puntual.

• O Pleno do Concello, en sesión do 31.7.2013, aprobou inicialmente a modificación puntual e someteuna a información pública durante dous meses mediante anuncios nos xornais La Región do 7.8.2013 e La Voz de Galicia do 8.8.2013, e no DOG núm. 161, do 26.8.2013. Presentáronse catro alegacións.

• Consta informe favorable, do 20.3.2014, da Deputación Provincial de Ourense.

• Consta informe favorable, do 13.5.2014, da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente, cunha serie de condicións.

• Consta informe favorable, do 3.9.2014, da Subdirección Xeral de Recursos Forestais da Consellería do Medio Rural.

• Consta informe favorable, do 11.9.2013, da Subdirección Xeral de Redes e Operadores de Telecomunicacións do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

• Constan informes da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, do 21.4.2014 (desfavorable) e do 30.10.2014 (favorable, cunhas condicións para cumprir).

• Constan informes municipais: xurídico do 30.11.2014 e técnico do 3.12.2014.

• O Pleno do Concello, en sesión do 11.12.2014, acordou aprobar provisionalmente a modificación puntual e estimar dúas das catro alegacións presentadas.

• O 13.4.2015 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo requiriu ao concello a corrección dunha serie de deficiencias do proxecto.

• O Pleno do Concello, en sesión ordinaria do 21.7.2015, aprobou provisionalmente a modificación puntual coa corrección das deficiencias requiridas.

II. Análise e consideracións.

II.1. O ámbito de actuación está constituído polos núcleos rurais de Pereiras e A Venda do Río e o seu contorno. Segundo o PXOM, afecta solo de núcleo rural tradicional, solo de núcleo rural de expansión dos núcleos, solo urbanizable delimitado residencial, solo urbanizable non delimitado industrial, solo rústico de especial protección agropecuaria e solo rústico de especial protección de infraestruturas.

A superficie total do ámbito é de 382.029 m2, dos cales 307.313 m2 corrresponden ao núcleo de Pereiras e 74.716 m2 ao núcleo da Venda do Río.

II.2. O obxecto da modificación puntual é a revisión da delimitación e da ordenación dos núcleos rurais de Pereiras e A Venda do Río, en concordancia coas disposicións transitorias correspondentes da Lei 2/2010, buscando maior eficiencia e sustentabilidade.

II.3. No plano nº 3 (plano comparativo) gráfanse todos os cambios de clasificación e/ou cualificación do solo que se producen na modificación puntual.

II.4. No plano nº 6 (clasificación e cualificación do solo dos núcleos rurais) reflíctense con maior claridade as vías e delimítanse os seus largos. Ademais, reflíctense as aliñacións da edificación das vías situadas ao leste da Venda do Río.

II.5. As ordenanzas da modificación puntual corrixidas son de aplicación unicamente ao ámbito de actuación, non a todo o municipio. A ordenanza corrixida para o solo de núcleo rural común é única. Na zona de protección de elementos culturais dese tipo de solo aplícanse os materiais e as condicións estéticas do solo de núcleo rural histórico-tradicional, pero as condicións de edificación son as do solo de núcleo rural común.

II.6. No proxecto refundido, os cambios de clasificación e/ou cualificación da modificación puntual incorporáronse ao plano de estrutura xeral do territorio, ao plano de ordenación do termo municipal (folla 2.2) e ao plano de ordenación dos núcleos rurais (folla 3.3).

II.7. Suprimiuse a ficha correspondente ao sector de solo urbanizable residencial UDR-1 (Pereiras).

II.8. Ao tratarse dunha modificación de planeamento xeral tendente á delimitación de solo de núcleo rural ao abeiro do establecido no artigo 13 da LOUG, tramitarase segundo o procedemento establecido na disposición adicional segunda da mesma lei.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG e co Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais corresponde á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual nº 3 do PXOM de Taboadela nos núcleos rurais de Pereiras e A Venda do Río.

2. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notifíquese ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº4 do 8 de xaneiro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s