Aprobación definitiva das delimitacións dos núcleos rurais de Amendo e Espiñeiro (Concello de Taboadela. Ourense)

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal de Taboadela (Ourense) nos núcleos rurais do Amendo e Espiñeiro.

delimitacion_nucleos_Taboadela_Amendo-EspineiroO Concello de Taboadela, conforme o disposto no artigo 85.7 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), remite o expediente da modificación puntual do PXOM dos núcleos rurais do Amendo e Espiñeiro para a súa aprobación definitiva.

Unha vez analizado o expediente remitido polo Concello, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

I.1. O Concello de Taboadela dispón actualmente vixente do Plan xeral de ordenación municipal, aprobado definitivamente o 28.7.2008, cunha modificación puntual.

I.2. A tramitación da modificación puntual foi a seguinte:

• O 16.11.2012 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental declarou a non necesidade de someter a avaliación ambiental estratéxica a modificación puntual, decisión publicada no DOG nº 233, do 7.12.2012.

• Constan informes municipais: técnico do 19.9.2012 e xurídico do 10.10.2012.

• O 18.2.2013 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe previo á aprobación inicial da modificación puntual.

• O Pleno do Concello, en sesión do 30.5.2013, aprobou inicialmente a modificación puntual e someteuna a información pública durante dous meses mediante anuncios nos xornais La Región do 22.6.2013, e La Voz de Galicia do 27.6.2013, e no DOG nº 130, do 10.7.2013. Presentáronse tres alegacións.

• Consta informe favorable do 10.7.2014 da Consellería do Medio Rural.

• Consta informe favorable do 17.7.2013 da Subdirección Xeral de Redes e Operadores de Telecomunicacións do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

• Consta informe favorable do 23.9.2013 da demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento.

• Consta informe favorable do 21.4.2014 da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, cunhas condicións para cumprir.

• Consta informe favorable do 16.5.2014 da Axencia Galega de Infraestruturas.

• Consta informe favorable do 15.10.2014 da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente, cunha serie de condicións.

• Constan informes municipais: xurídico do 30.11.2014, e técnico do 3.12.2014.

• O Pleno do Concello, en sesión do 11.12.2014, acordou aprobar provisionalmente a modificación puntual e estimar unha das tres alegacións presentadas.

• O 30.4.2015 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo requiriu ao concello a correción dunha serie de deficiencias.

• O Pleno do Concello, en sesión do 21.7.2015, aprobou provisionalmente a modificación puntual coa correción das deficiencias sinaladas.

II. Análise e consideracións.

II.1. O ámbito de actuación está constituído polos núcleos rurais do Amendo e Espiñeiro e o seu contorno. Segundo o PXOM afecta solo de núcleo rural tradicional, solo de núcleo rural de expansión dos núcleos, solo urbanizable delimitado residencial, solo rústico de protección ordinaria e solo rústico de especial protección de infraestruturas.

A superficie total do ámbito é de 468.102 m2, dos cales corrresponden 136.358 m2 ao núcleo rural complexo do Amendo, 200.228 m2, ao núcleo rural común de Espiñeiro e 131.516 m2 a solo rústico de especial protección agropecuaria.

II.2. O obxecto da modificación puntual é a revisión da delimitación e da ordenación do núcleo rural do Amendo e a delimitación do núcleo rural de Espiñeiro, para permitir a súa consolidación, así como a salvaguarda dos terreos rústicos do contorno, concretándoo na categoría de núcleo rural complexo no Amendo e na categoría de núcleo rural común en Espiñeiro.

II.3. No plano nº 1 figura un cadro comparativo das superficies de todos os cambios de clasificación e/ou cualificación do solo.

II.4. No plano nº 4 (ordenación núcleo rural modificada) do proxecto corrixido delimítanse os largos das vías que non estaban indicados.

II.5. No proxecto refundido os cambios de clasificación e/ou cualificación da modificación puntual incorporáronse ao plano de estrutura xeral do territorio, ao plano de ordenación do termo municipal (follas 2.1 e 2.3) e ao plano de ordenación dos núcleos rurais (3.6).

II.6. Suprimíronse as fichas correspondentes aos sectores de solo urbanizable residencial UDR-2 (Espiñeiro) e UDR-3 (recta de Taboadela).

II.7. Ao tratarse dunha modificación de planeamento xeral tendente á delimitación de solo de núcleo rural ao abeiro do establecido no artigo 13 da LOUG, tramitarase segundo o procedemento establecido na disposición adicional segunda da mesma lei.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG e co Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais corresponde á Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual do PXOM de Taboadela para a adaptación do núcleo rural do Amendo á Lei 2/2010 e delimitación do núcleo rural de Espiñeiro.

2. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notifíquese ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº4 do 8 de xaneiro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s