Modificación do Plan de Xestión da Pesca Fluvial do río Ulla

ORDE do 15 de decembro de 2015 pola que se modifica o Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla.

O Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla aprobouse mediante a Orde do 12 de decembro de 2014 pola que se aproba o Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla (DOG núm. 244, do 22 de decembro).

pesca_PargaDe conformidade co disposto no artigo 68 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG núm. 106, do 4 de xuño), o Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Pontevedra iniciou o expediente de modificación do Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla.

A proposta de modificación do Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla foi sometida a información pública mediante Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 29 de outubro de 2015 (DOG núm. 217, do 13 de novembro).

No prazo de participación pública non se presentaron alegacións.

Na tramitación da modificación do Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla foron oídos o Comité Provincial de Pesca Fluvial de Pontevedra, na sesión celebrada o 8 de outubro de 2015, e o Comité Galego de Pesca Fluvial, na sesión celebrada o 19 de novembro de 2015. Ambos os comités emitiron informes favorables sobre a modificación do plan.

A tramitación do expediente de modificación do Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla axustouse ao establecido na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG núm. 151, do 5 de agosto), e ao Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Con suxeición ao establecido no artigo 68 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio é o órgano competente para a aprobación dos plans de xestión de recursos piscícolas.

En virtude do anterior, en concordancia co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e a súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Aprobación da modificación do Plan de xestión da pesca fluvial

Apróbase a modificación do Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla.

Disposición adicional única

O contido íntegro deste plan poderá consultarse nas dependencias da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sitas en San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, así como na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/ na parte de pesca fluvial).

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº2 do 5 de xaneiro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s