Aprobación definitiva do Plan Especial de Protección e Rehabilitación do barrio de Ferrol Vello

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de protección e rehabilitación do barrio de Ferrol Vello.

rehabilitacion_ferrol_velloO Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 16.12.2015, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de protección e rehabilitación do barrio de Ferrol Vello, en cumprimento do artigo 45 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia, polo cal se obriga a redactar un plan especial de protección para este conxunto declarado BIC polo Decreto da Xunta 33/2011, do 10 de febreiro.

O acordo de aprobación definitiva do dito Plan especial de protección e rehabilitación do barrio de Ferrol Vello foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia con data do 22.12.2015, e déuselle traslado de dous exemplares do Plan aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran, en cumprimento do establecido no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa e aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpor, no prazo de dous meses (2) contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida interpoñer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.


DOG nº2 do 5 de xaneiro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s