Axudas á mellora de infraestruturas dos parques empresariais

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN519B).

parque_empresarial_VerinOs parques empresariais e as infraestruturas de solo empresarial creadas fai anos e cun alto nivel de ocupación de empresas, van tendo, como consecuencia do tempo transcorrido, determinadas carencias de infraestruturas e novas necesidades en materia de comunicación, enerxéticas ou de adecuación ás esixencias de normas posteriores a súa creación e de servizos comúns de carácter xeral que lles permitan unha actualización permanente fronte ós seus competidores.

Coa finalidade de realizar a renovación destas infraestruturas, para evitar a súa obsolescencia, ou de habilitar outras novas non previstas na súa orixe, e co obxecto de motivar o esforzo común de constante mellora competitiva de oferta de solo empresarial, como elemento dinamizador da economía e do emprego local, dentro das competencias en materia de fomento empresarial que lle son propias á Comunidade Autónoma, a Consellería de Economía, Emprego e Industria estima necesario establecer medidas de apoio á actividade económica a través de proxectos de investimento en materia de infraestruturas de instalacións e de servizos ás empresas.

(…)

DISPOÑO:

(…)

Artigo 3. Solicitudes

Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse a solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 6 das bases reguladoras.

Artigo 4. Lugar e prazo de presentación das solicitudes

A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado IN519B, que se publica como anexo II a esta orde, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 20 de xaneiro de 2016 ao 22 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.

(…)

Artigo 8. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN519B, poderase obter información adicional na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería ( http://ceei.xunta.gal ).

b) Nos teléfonos 981 95 71 88 e 981 54 55 72 de servizos centrais.

c) Presencialmente.

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia, que é o 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

(…)

ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,
das subvencións encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas
dos parques empresariais da comunidade autónoma de Galicia, para o ano 2016

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. Estas bases teñen por obxecto a mellora dos servizos e o acondicionamento de infraestruturas existentes ou de nova incorporación co fin de que as empresas radicadas nos parques empresariais de Galicia poidan dispoñer de condicións máis competitivas para desenvolver a súa actividade económica.

2. Os proxectos a subvencionar ao abeiro desta convocatoria deberán desenvolverse ao longo do ano 2016.

3. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Artigo 2. Beneficiarios

Os beneficiarios das axudas serán os concellos que realicen investimentos, dentro do seu ámbito territorial, de acordo co obxecto desta orde, para a habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais implantados no seu termo municipal ou nos termos municipais limítrofes. As solicitudes poderanse presentar individualmente ou de forma conxunta baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar), aos efectos do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non poderán obter a condición de beneficiario as persoas ou entidades nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ademais, só poderán ser beneficiarios os concellos que cumprisen co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, de acordo co disposto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro.

Artigo 3. Actuacións e gastos subvencionables

1. Constitúen o obxecto destas axudas as seguintes tipoloxías de actuacións:

a) A dotación de servizos centralizados de xeración e subministración de enerxía dos que se derive un aforro con relación aos existentes no parque e que sexan eficientes desde o punto de vista enerxético consonte ao estado actual da técnica; os proxectos poderán incluír, ou ter como obxecto, a xeración de enerxía eléctrica mediante enerxías renovables como a fotovoltaica ou a minieólica, entre outras.

b) Novas plantas de depuración de augas (b.1); os proxectos poderán incluír, ou ter como obxecto, os colectores con verquido á depuradora municipal (b.2).

c) Xestión de residuos.

d) Infraestruturas viarias, tanto de acceso como interiores ao parque empresarial.

e) Instalación de sistemas de seguridade e vixilancia.

f) Instalacións comúns destinadas á loita contraincendios dentro do parque empresarial.

g) Instalación de sistemas contra o roubo de cable.

2. Período de gasto subvencionable admitido: consideraranse subvencionables tódolos gastos realizados dende o 1 de xaneiro de 2016 e ata a data de xustificación do investimento.

3. Non se valorarán a efectos de investimento, os gastos que se realicen en pago de licenzas, gastos sometidos a aranceis ou os correspondentes a investimentos realizados con fórmulas de arrendamento financeiro. Os tributos son gasto subvencionable cando o beneficiario da subvención os aboa efectivamente. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos, salvo que se acredite que non son susceptibles de recuperación ou compensación, ni os impostos persoais sobre a renda.

4. Considerarase subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa recuperable polo solicitante.

5. De acordo co artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos realizados os efectivamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación previsto nas bases reguladoras.

6. Ademais, consideraranse gastos realizados, de acordo co disposto no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, cando se teña contabilizado o recoñecemento da obriga polo órgano competente da entidade local.

(…)


Ver texto completo da Orde: DOG nº248 do 30 de decembro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s