Normativa para o desenvolvemento dos medios de valoración da Lei 58/2003 xeral tributaria, para a valoración de bens inmobles

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se regulan os medios de comprobación do valor dos bens inmobles que se utilizarán, dos previstos no artigo 57 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, no ámbito dos impostos sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, así como a normativa técnica xeral.

impuesto_sucesionesNo ámbito dos ingresos tributarios das comunidades autónomas, os impostos cedidos representan unha parte importante, non só pola recadación que achegan senón tamén polo número dos contribuíntes que afectan. Os impostos cedidos que reúnen principalmente as características anteriormente sinaladas son os impostos sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Estes impostos caracterízanse por ser a súa base impoñible o valor real do ben que se transmite, o que supón a existencia dun concepto xurídico indeterminado que a Administración tributaria ten a obriga de determinar en cada caso. Para facer este labor, o artigo 57 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria (en diante, LXT), faculta a Administración tributaria para aplicar os métodos de comprobación alí sinalados e regula na súa parte aplicativa o procedemento de comprobación de valores como mecanismo para a súa fixación.

Esta orde ten por obxecto o desenvolvemento dos medios de valoración previstos no devandito artigo para a valoración de bens inmobles. Para estes efectos, a Administración tributaria opta polos medios previstos nas alíneas: b) Estimación por referencia aos valores que figuren nos rexistros oficiais de carácter fiscal e c) Prezos medios no mercado. Tamén regula a normativa técnica xeral aplicable aos procedementos de comprobación de valor de bens inmobles.

(…)

DISPOÑO:

TÍTULO PRELIMINAR

Obxecto e ámbito de aplicación

Artigo 1. Obxecto

A presente orde ten por obxecto o desenvolvemento dos medios de valoración que se utilizarán previstos no artigo 57 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, para a valoración de bens inmobles. Para estes efectos, a Administración tributaria opta polos medios previstos nas alíneas b) Estimación por referencia aos valores que figuren nos rexistros oficiais de carácter fiscal e c) Prezos medios no mercado. Tamén establece normativa técnica do procedemento de valoración seguido pola Administración tributaria.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

A presente orde aplicarase aos bens inmobles que son obxecto de valoración para efectos dos impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e sobre sucesións e doazóns, cuxa aplicación ten encomendada a Axencia Tributaria de Galicia.

TÍTULO I

Estimación por referencia aos valores que figuren nos rexistros oficiais
de carácter fiscal

Artigo 3. Coeficientes e metodoloxía

Apróbanse, no anexo II da presente orde, os coeficientes aplicables ao valor catastral para estimar, por referencia a el, o valor real de determinados bens inmobles de natureza urbana radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, para efectos da liquidación dos feitos impoñibles dos impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados e sobre sucesións e doazóns, que se devindiquen desde o día da súa entrada en vigor, e establecer as regras para a aplicación dos citados coeficientes. Apróbase, no anexo I, a metodoloxía empregada para a obtención dos devanditos coeficientes.

Artigo 4. Ámbito de aplicación obxectiva

1. No ámbito do impostos sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e sobre sucesións e doazóns, este medio de valoración aplicarase aos bens inmobles de natureza urbana situados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Salvo en casos excepcionais debidamente motivados, a comprobación de valor dos inmobles urbanos realizaraa a Administración tributaria utilizando o medio de estimación por referencia previsto na letra b) do número 1 do artigo 57 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e estará condicionada á verificación de que a referencia catastral corresponde ao ben inmoble obxecto de declaración.

Non obstante o anterior, este medio de valoración non será de aplicación aos bens inmobles en que as características catastrais, consideradas ao determinar o valor catastral, non se correspondan, na data de devindicación, coas características físicas, económicas e legais reais do inmoble para valorar, circunstancia que deberá acreditar o contribuínte.

3. Quedan excluídos do ámbito obxectivo desta orde os seguintes bens inmobles de natureza urbana:

– Solos urbanos ou urbanizables sen edificar cando as condicións urbanísticas relativas a aproveitamentos e cesións estean xa establecidas nos correspondentes plans urbanísticos.

– Edificios enteiros.

– Inmobles que se teña previsto demoler para crear un soar.

– Edificios nos cales o plan urbanístico permita máis alturas (edificabilidade) das que ten o edificio actualmente.

– Inmobles que inclúan un uso residencial non privado (hoteis, residencias, etc.).

– Inmobles que inclúan usos distintos a vivenda, rocho, garaxe, oficina ou local comercial (instalacións deportivas, para espectáculos, lecer, sanidade, beneficencia, culturais, relixiosos, estacións de servizo, etc.).

– Vivendas cunha superficie que supere os 200 m2 útiles.

– Vivendas de protección autonómica en que os valores contidos nesta orde só serán operativos de estar por baixo do prezo máximo en venda fixado administrativamente.

– Locais comerciais interiores, en esquina, en galerías comerciais, con forma irregular ou circunstancias similares.

– Locais comerciais cunha superficie que supere os 400 m2 útiles.

– Naves para uso comercial (concesionarios de coches, supermercados, etc.).

– Naves que inclúan outro uso distinto a industrial, agrícola, almacén, oficina, vivenda ou garaxe.

– Naves sobre parcelas de máis de 5.000 m2.

– Casas con máis de dúas plantas, entendendo como tales as que excedan o estándar unifamiliar composto por soto, planta baixa, piso e faiado.

– Casas en que o plan urbanístico permita máis alturas (edificabilidade) das que ten a casa actualmente.

– Casas sobre parcelas de máis de 3.000 m2.

– Casas en construción ou inacabadas.

– Casas ou chalés de máis de 200 m2 útiles por planta.

– Edificacións singulares de carácter histórico ou artístico.

4. Tratándose de bens inmobles aos cales non sexa de aplicación este medio de valoración de acordo co previsto nesta orde, a Administración efectuará a comprobación do seu valor por algún dos restantes medios de comprobación de valores regulados no artigo 57.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, de acordo co establecido nesta orde.

Artigo 5. Regras para a aplicación dos coeficientes e efectos

1. A comprobación do valor realizarase aplicando os coeficientes aprobados ao valor catastral actualizado na data do devindicación do imposto.

2. Cando o prezo ou contraprestación pactada ou o valor declarado polo contribuínte sexan iguais ou superiores ao valor estimado en aplicación dos coeficientes aprobados, prevalecerá o maior e non se procederá á comprobación de valores.

3. A Administración tributaria non poderá proceder á comprobación de valor por outro medio cando o obrigado tributario declarase o valor resultante dos coeficientes aprobados. Con todo, poderá comprobar a correcta aplicación dos coeficientes, a veracidade e exactitude do prezo ou contraprestación pactada, así como a correspondencia das características catastrais consideradas ao determinar o valor catastral na data de devindicación, coas características físicas, económicas e legais reais do inmoble que se van valorar.

4. No caso de que para un único ben rexistral ou unidade física ou xurídica coexistan varias referencias catastrais, o valor real do conxunto obterase sumando os valores correspondentes a cada referencia catastral, segundo o medio de valoración que lle corresponda en función da súa natureza. A superficie total do ben que se pretende valorar corresponderase coa suma das superficies catastradas das distintas referencias. Se formando parte do conxunto existe unha parcela rústica, entenderase que o seu acceso será o mesmo de que dispoña o conxunto do predio.

(…)


Ver texto completo da Orde: DOG nº248 do 30 de decembro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s