Axudas para a renovación de fiestras, fachadas con granito, ascensores, fachadas e cubertas de lousa e cubertas de tella cerámica

ORDE DO 28 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, RELATIVA AO PLAN RENOVE DE FIESTRAS, ASÍ COMO A SELECCIÓN DE ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPARÁN NA SÚA XESTIÓN, E SE PROCEDE Á CONVOCATORIA PARA A ANUALIDADE 2016 (CÓDIGOS DE PROCEDEMENTO IN412A-IN412B). (DOG, XOVES, 31 DE DECEMBRO DO 2015, Nº 249, PÁX. 53140)

http://siam.cmati.xunta.es/lexislacion/norma.asp?idn=11730

ascensorDestinatarios: Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en vivendas sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto: A presente orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de axudas por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria destinadas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

Convoca: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xunta de Galicia.

Prazo: Comezará o día un de marzo e finalizará o 30 de setembro de 2016, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.


ORDE DO 28 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, PARA A REHABILITACIÓN CON GRANITO DAS FACHADAS DE EDIFICACIÓNS DE VIVENDA EXISTENTES E SE PROCEDE A SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2016 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO IN316A). (DOG, XOVES, 31 DE DECEMBRO DO 2015, Nº 249, PÁX. 53174)

http://siam.cmati.xunta.es/lexislacion/norma.asp?idn=11731

Destinatarios: Os particulares ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 se realice en vivendas illadas ou edificios de vivenda colectiva, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto: As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes contribuíndo a embelecer o tecido construtivo galego cun material de fácil colocación e respectuoso co ambiente a vez que se mellora a eficiencia enerxética.

Convoca: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xunta de Galicia.

Prazo: Dende o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.


ORDE DO 28 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á RENOVACIÓN TOTAL OU PARCIAL DE ASCENSORES EXISTENTES PERTENCENTES A COMUNIDADES DE PROPIETARIOS DE EDIFICIOS DE VIVENDAS EN RÉXIME DE PROPIEDADE HORIZONTAL RADICADAS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (PLAN RENOVE DE ASCENSORES) E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2016 (CÓDIGO DO PROCEDEMENTO IN532A). (DOG, XOVES, 31 DE DECEMBRO DO 2015, Nº 249, PÁX. 53194)

http://siam.cmati.xunta.es/lexislacion/norma.asp?idn=11732

Destinatarios: Poderán ser beneficiarios da subvención as comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e legalmente constituídas de acordo cos artigos 2º e 5º da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal.

Obxecto: As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto incentivar a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Convoca: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xunta de Galicia.

Prazo: Dende o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.


ORDE DO 28 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, PARA A RENOVACIÓN DE FACHADAS E CUBERTAS DE LOUSA E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2016 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO IN314A). (DOG, XOVES, 31 DE DECEMBRO DO 2015, Nº 249, PÁX. 53228)

http://siam.cmati.xunta.es/lexislacion/norma.asp?idn=11733

Destinatarios: Os particulares ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto: As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a renovación de fachadas e cubertas con lousa acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.

Convoca: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xunta de Galicia.

Prazo: Dende o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.


ORDE DO 28 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, PARA A RENOVACIÓN DE CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA, E SE PROCEDE A SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2016 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO IN423B). (DOG, XOVES, 31 DE DECEMBRO DO 2015, Nº 249, PÁX. 53247)

http://siam.cmati.xunta.es/lexislacion/norma.asp?idn=11734

Destinatarios: Os particulares ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Obxecto: As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a renovación de cubertas con tella cerámica acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.

Convoca: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xunta de Galicia.

Prazo: Desde o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s