Subvencións Fondo de Copensación Ambiental 2016

ORDE do 21 de decembro de 2015 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2016, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia.

fondo_compensacion_ambientalA Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia, crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental. O canon, na súa calidade de prestación patrimonial de dereito público de natureza extrafiscal e real, ten como obxectivo contribuír a regular na nosa comunidade autónoma o ambiente na súa consideración de ben protexido.

Establece o artigo 9 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, que os ingresos derivados do canon, deducidos os custos de xestión, se destinarán á conservación, reposición e restauración do ambiente, así como a actuacións de compensación e reequilibrio ambiental e territorial das cales serán principais beneficiarios os municipios afectados pola implantación de parques eólicos e polas instalacións de evacuación destes.

Establece tamén que será beneficiario o conxunto da sociedade mediante actuacións que, promovidas pola Administración autonómica, se dirixan ao incremento da eficiencia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables, da sustentabilidade, da biodiversidade e do uso recreativo e educativo dos recursos de Galicia.

(…)

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial. Este fondo carece de personalidade xurídica e a súa xestión correspóndelle á dirección xeral competente en materia de réxime local, de conformidade coas directrices que se establezan nesta orde.

2. Por medio desta orde regúlanse os criterios de repartición e establécense as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2016, en réxime de concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, afectadas á realización de gastos que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego.

Artigo 2. Distribución do Fondo de Compensación Ambiental

1. A asignación inicial do Fondo de Compensación Ambiental para o exercicio 2016 prevista no proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 establécese en 11.000.000,00 euros.

Este importe distribúese do seguinte xeito:

a) Para o financiamento da convocatoria de subvencións destínase un total de 8.085.174,00, coa seguinte distribución:

Descrición

05.23.141A.461.0

05.23.141A.761.0

Totais por liña

Liña en concorrencia non competitiva

3.313.797,79 €

3.313.797,79 €

6.627.595,58 €

Liña en concorrencia competitiva

588.789,21 €

868.789,21 €

1.457.578,42 €

Totais por aplicación orzamentaria

3.902.587,00 €

4.182.587,00 €

8.085.174,00 €

b) Na liña en concorrencia competitiva existe a posibilidade de ampliación de crédito de se producir un incremento da recadación efectiva do canon eólico ou por incorporacións de saldos de crédito do orzamento 2015, supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Nestes casos procederase á súa publicación nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio do novo cómputo de prazo para resolver.

c) Ao abeiro do previsto no artigo 25.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, para actuacións específicas de protección do ambiente, incluídas aquelas que teñan por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou de risco, destínanse 2.914.826,00 € coa seguinte distribución:

Centro xestor

Aplicación orzamentaria

Importe

Descrición

D.X. Administración Local

05.23.141A.761.1

430.000,00

Outras actuacións Fondo de Compensación Ambiental

D.X. Administración Local

05.23.141A.461.0

280.000,00

Actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente

D.X. Administración Local

05.23.141A.461.1

280.000,00

Fondo de Compensación Ambiental. Convenios grupos emerxencias

D.X. Emerxencias e Interior

05.25.212A.442.16

732.000,00

Consorcios comarcais contra incendios

D.X. Emerxencias e Interior

05.25.212A.442.17

1.192.826,00

Consorcios provinciais contra incendios

Totais

2.914.826,00

2. Esta convocatoria tramítase ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, e existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o exercicio 2016.

Así mesmo, estará sometida ao regulado na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da mesma consellería do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

Ao abeiro desta normativa, o crédito previsto no número 1 deste artigo e no artigo 13 da orde e, xa que logo, a concesión das subvencións, queda sometido á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no exercicio 2016 para financiar as obrigas derivadas da convocatoria.

Artigo 3. Liñas de subvención, beneficiarios individuais e de xestión compartida e exclusións

1. Esta orde reguladora da convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental inclúe, segundo o principio de economía procedemental, dúas liñas de subvención coa mesma causa e finalidade, isto é, o cumprimento da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental:

a. Convocatoria de subvencións de natureza non competitiva, destinada a aqueles concellos de Galicia cuxo territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e, igualmente, aos afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación, relacionados no anexo V desta orde, que formulen:

a) Petición de maneira individual.

b) Petición de maneira conxunta mediante agrupación ou asociación de concellos nos termos do artigo 9.

b. Convocatoria de subvencións de natureza competitiva:

a) Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira individual.

b) Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira conxunta mediante agrupacións ou asociacións de concellos, nos termos do artigo 9.

c) As mancomunidades de concellos de Galicia.

d) Os consorcios locais de Galicia, constituídos de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, sempre que estean participados por un ou por varios concellos.

2. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as deputacións provinciais.

Artigo 4. Gastos subvencionables

1. Considéranse gastos elixibles ou subvencionables:

a) Os investimentos en inmobilizado: custo de man de obra externa, execución material, equipamentos e instalacións. Cando no investimento participe directamente persoal da entidade local procederase á imputación dos gastos correspondentes ao persoal utilizado.

b) Custos de proxecto e dirección de obra, de tratarse de contratacións externas.

c) Custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural. No caso de utilizar persoal da entidade local procederase á imputación dos gastos correspondentes ao persoal utilizado.

d) Contratación de persoal para os servizos municipais nos termos desta orde.

2. Considéranse tamén gastos subvencionables:

a) Os contratos de subministración para a adquisición de equipamentos, produtos, vehículos ou bens mobles.

b) Os gastos de asesoría xurídica ou financeira, os gastos notariais e rexistrais e os gastos periciais para a realización do proxecto subvencionado, se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación ou execución desta.

c) Os tributos, sobre todo o imposto sobre o valor engadido (IVE) son subvencionables se o beneficiario os aboa efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

d) Os custos indirectos formarán parte da xustificación da subvención, sempre que os imputase o beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.

3. En todo caso, as subvencións están destinadas á realización de actuacións de investimento e a custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, e deberán responder a algún dos seguintes criterios ou obxectivos:

a) Actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e máis á recuperación do medio natural degradado ou contaminado.

b) Actuacións de impulso da eficiencia e de utilización sustentable das enerxías renovables.

c) Outras actuacións de protección do ambiente e do espazo natural.

Para os efectos do previsto neste artigo, considerarase que atenden aos criterios determinados nas letras a), b) e c) do ordinal terceiro anterior, entre outros, os seguintes proxectos:

a) Recuperación de espazos ambientalmente degradados ou contaminados.

b) Proxectos de eficiencia enerxética na luz pública ou obras en edificios municipais que supoñan unha mellora na eficiencia enerxética do edificio.

c) Proxectos de utilización sustentable de enerxías renovables en instalacións e edificios municipais.

d) Vehículos eléctricos e vehículos híbridos.

e) Centros de interpretación do ambiente e aulas da natureza.

f) Parques-escolas infantís que teñan como contido ou característica principal a utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais.

g) Paseos, áreas recreativas e rutas de sendeirismo que se localicen ou transcorran por zonas con valores ambientais, para a súa utilización recreativa e/ou didáctica.

h) Puntos limpos e centros de reciclaxe de residuos.

i) Proxectos de saneamento, redes de sumidoiros e abastecemento de augas.

j) Proxectos e actuacións no ámbito municipal para evitar a degradación e a deterioración ambiental.

k) Proxectos e actuacións para o control ambiental no ámbito municipal, tales como a adquisición de equipamento para efectuar as medicións relacionadas con actividades molestas e insalubres e para a toma de mostras, tanto sólidas como líquidas, no caso de residuos e verteduras.

l) Adquisición de vehículos destinados a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco.

m) Vehículos con equipamento especial para o desenvolvemento de tarefas no eido ambiental tales como sonómetros para efectuar as medicións relacionadas cos ruídos molestos e insalubres e/ou equipamento para toma de mostras, tanto sólidas como líquidas, nos casos de residuos e verteduras.

(…)


DOG nº246 do 28 de decembro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s