Levantamento de actas previas á ocupación dos bens afectados pola execución de camiño de acceso na autoestrada A Coruña-Carballo (Arteixo)

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2015, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de execución de camiño de acceso na autoestrada A Coruña-Carballo, no termo municipal de Arteixo.

autoestrada_ACoruña-CarballoO artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece na súa epígrafe segunda a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do estado en materia de expropiación forzosa.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello de Arteixo, para que comparezan nos lugares, nas datas e nas horas que se detallan a continuación co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios, se o consideran necesario.

Lugar: casa consistorial do concello de Arteixo

Data: 15 de xaneiro de 2016, das 10.30 ás 11.00 horas

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no concello de Arteixo e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, 2, 8º andar).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar pola súa conta, se o estiman oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e do 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución e até o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña, as alegacións que consideren pertinentes para os efectos previstos na regulación referida.

Así mesmo, comunícase que deberán comparecer ao acto xuntando as escrituras de propiedade dos predios e o documento nacional de identidade.


DOG nº244 do 23 de decembro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s