Axudas para a rehabilitación de vivendas nas zonas de influencia do Camiño de Santiago

Afirma que as zonas rurais serán as que terán maiores facilidades para beneficiarse do programa, xa que nelas as axudas esténdense a todas as vivendas da parroquia pola que pasa o Camiño

Sinala que o IGVS ten previsto realizar unha ampla campaña de difusión do programa, que contará con charlas informativas, xornadas técnicas, exposicións divulgativas, difusión nos medios de comunicación e actuacións de asesoramento técnico e de coordinación das administracións implicadas

Especifica que o programa enmárcase no Plan Rehavita de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020

camino_santiago_galiciaSantiago, 17 de decembro de 2015. O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a Xunta vai poñer en marcha o Programa da Área de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago. Este nova iniciativa vaise poñer en marcha de inmediato durante un período que se estenderá como mínimo ata o 2020.

No que se refire ao investimento, o máximo responsable autonómico detallou que este programa está dotado con 3,2 millóns de euros para o vindeiro 2016, dos cales 2,7 millóns destinaranse a actuacións de rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago e 500.000 euros a infravivenda rural.

Neste aspecto, incidiu en que precisamente as zonas rurais serán as que terán maiores facilidades para beneficiarse do programa, xa que nelas as axudas esténdense a todas as vivendas da parroquia pola que pasa o Camiño, mentres que nas zonas urbanas só se beneficiarán aquelas vivendas emprazadas na traza do Camiño.

Deste xeito, poderanse beneficiar das axudas case 500 parroquias de máis de 100 concellos situados ao longo das sete rutas dos Camiños de Santiago en Galicia.

Campaña de difusión
Por outra banda, Feijóo sinalou que o encargado de xestionar as axudas será o Instituto Galego de Vivenda e Solo, que ten previsto realizar unha ampla campaña de difusión do programa, que contará con charlas informativas dirixidas aos potenciais beneficiarios; xornadas técnicas para o persoal dos concellos; exposicións divulgativas sobre a ARI; unha campaña de difusión nos medios de comunicación; e actuacións de asesoramento técnico e de coordinación das administracións implicadas.

O obxectivo desta campaña, como destacou o presidente da Xunta, é dobre, xa que non só pretende ofrecer información sobre as axudas, senón tamén estender a cultura da rehabilitación.

Como sinalou o máximo responsable autonómico, este Programa da ARI dos Camiños de Santiago inclúese no Plan Rehavita de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda 2015-2020, unha iniciativa que define as liñas estratéxicas das políticas públicas nesta materia e que supón mobilizar máis de 600 millóns de euros que beneficiarán a máis de 152.000 galegos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s