Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) da Deputación de Pontevedra 2016

plan_concellos_pontevedra_2016O Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016 é un plan propio da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2016 que se elabora no marco do previsto no artigo 36.2.a da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local, e nos artigos 32 e 33 do RDL 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, nas que se regula a obriga das deputacións de aprobar anualmente un Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal en cuxa elaboración deben participar os concellos da provincia.

O Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016 elabórase nun momento de cambio do ciclo económico no que a Deputación quere colaborar cos concellos na prestación integral dos servizos públicos segundo o seu tamaño e a súa poboación. Trátase, polo tanto, de garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipal, asegurando para o conxunto dos veciños unha prestación axeitada e íntegra dos servizos de competencia municipal pero desde a base dunha maior eficacia, eficiencia e coordinación, tal e como se dispón na Lei 7/1985, de 2 de abril.

Nesta nova etapa a Deputación de Pontevedra aposta por impulsar a xestión municipal, promovendo o desenvolvemento económico e a creación de emprego como bases fundamentais para o seu crecemento, especialmente dos máis pequenos, para o que é necesario garantir a sostibilidade financeira municipal para que poidan prestar os servizos e actividades da súa competencia, respectando o principio da autonomía local e concedendo unha ampla liberdade de decisión á hora de definir as prioridades de cada concello en función das súas necesidades reais e no marco xurídico competencial local. Por esta razón unifícanse os numerosos plans de subvencións existentes na Deputación de Pontevedra dirixidos a concellos, concedéndolles a flexibilidade suficiente para que sexan estes quen dispoñan, en base ás súas peculiaridades e necesidades, da capacidade de decisión necesaria para fixar as súas prioridades de financiamento e para destinar os recursos deste plan a paliar as necesidades máis urxentes, sen imposicións, aínda que con certas limitacións en aras dun mellor control e vixilancia do emprego dos recursos públicos.

Polo tanto, a ampla marxe de decisión que se lle concede ás entidades locais beneficiarias das axudas pretende ser estritamente respectuosa coa autonomía local e fundaméntase de acordo ó establecido na Carta Europea de Autonomía Local, que establece no seu artigo 9.7 que “na medida do posible, as subvencións concedidas ás Entidades locais non deben ser destinadas ó financiamento de proxectos específicos” e continúa dicindo que “a concesión de subvencións non deberá causar prexuízo á liberdade fundamental da política das Entidades locais, no seu propio ámbito de competencia.”

Por outra parte, o cambio de ciclo económico supuxo, entre outros aspectos, unha importante redución dos recursos económicos dos concellos, que nalgúns casos teñen serias dificultades para afrontar a realización de actividades e a prestación de servizos que, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións das súas comunidades veciñais, incluso en ocasións teñen serias dificultades para atender ós seus gastos correntes. Por iso, a finalidade do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016 debe ser tanto a de contribuír á realización dos investimentos e actividades necesarios para a efectiva prestación dos servizos municipais, favorecendo o crecemento económico e a creación de emprego, como axudar ó financiamento do gasto corrente no que incorren os concellos na súa actividade como xestores públicos.

Por último, en congruencia co principio de autonomía municipal consagrado nos artigos 137 e 140 da Constitución e que a Deputación de Pontevedra promove nos límites das súas propias competencias, a prol dunha maior axilidade e eficacia na execución das actuacións e investimentos e sempre dentro da cobertura de legalidade que contén a normativa legal aplicable, a contratación das actuacións subvencionables corresponderalle ós concellos. En todo caso, corresponderalle á institución provincial a contratación dos investimentos, cando lle sexa solicitado por aquelas entidades que carezan de capacidade de xestión e medios técnicos para asumila.

En relación ó exposto confecciónanse as seguintes bases reguladoras:

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN DE CONCELLOS) 2016

CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Primeira. Obxecto

Estas bases e a convocatoria teñen por obxecto regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nestas bases e terán que ser de competencia municipal.

No marco destas bases, os concellos poderán libremente determinar a elección dos investimentos e actuacións subvencionables que desexen realizar, non obstante, se algún proxecto ou proposta de actuación non se axustase ó obxecto destas bases a Deputación poderá rexeitar dito proxecto. Nese caso, o concello poderá presentar unha nova proposta.

As axudas e subvencións deste plan poderán destinarse ás seguintes liñas nos termos recollidos na base 8ª:

— Liña 1. Investimentos.

— Liña 2. Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes.

— Liña 3. Actividades culturais, deportivas, actividades sociais, turísticas e medioambientais.

— Liña 4. Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

Segunda. Natureza xurídica

As axudas que se concedan ó abeiro desta convocatoria teñen a natureza xurídica de subvencións, de acordo cos criterios establecidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (en adiante LXS), e na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en adiante LSG).

O seu réxime xurídico adecuarase ó disposto nas anteriores normas, e no seu caso ó Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (en adiante TRLCSP); á Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (en adiante LRBRL); ó Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da LXS, (en adiante RLXS); á Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (en adiante LRXAP); ó Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (en adiante TRLRFL); Bases de execución orzamentarias vixentes en cada exercicio e demais normativa aplicable.

Terceira. Aprobación das bases

De acordo co establecido na base 16.3 das de execución do orzamento para o 2015 e cumprindo o establecido no artigo 17 da LXS o órgano competente para a aprobación destas bases é o Pleno da Deputación.

Cuarta. Beneficiarios

Poderán solicitar as axudas reguladas nestas bases os concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de dereito de ata 50.000 habitantes, segundo a correspondente certificación expedida polo Instituto Galego de Estatística (IGE) referida á última actualización do censo.

A colaboración para os concellos de máis de 50.000 habitantes, non beneficiarios neste Plan, instrumentalizarase a través de convenios de colaboración, para o cal se dotará o orzamento na correspondente aplicación orzamentaria.

Quinta. Financiamento e contía das subvencións

O Plan conta con catro liñas de subvención para os concellos que se financian con cargo ás dotacións orzamentarias das seguintes aplicacións:

— 16/942-9425-462.00 (Plan de Cooperación cos Concellos_16. Actividades).

— 16/942-9425-462.03 (Plan de Cooperación cos Concellos_16. Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos)..

— 16/942-9425-462.45 (Plan de Cooperación cos Concellos_16. Gastos correntes, amortización e pagamento de débedas).

— 16/942-9425-652.45 (Plan de Cooperación cos Concellos_16. Investimentos xestionados para concellos).

— 16/942-9425-762.45 (Plan de Cooperación cos Concellos_16. Investimentos).

(…)


Consultar texto completo da convocatoria: BOP de Pontevedra nº233 do 2 de decembro de 2015

Liñas e criterios: http://www.depo.es/web/edepo/plan-concellos-2016/linas-e-criterios

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s