O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas recibe a Carta Europea de Turismo Sostible

CiesO pasado 7 de decembro, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, recibiu en Bruxelas a Carta Europea de Turismo Sostible (CETS) que a Federación Europarc concedeu ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.

Esta distinción recoñece o “compromiso activo” co desenvolvemento dunha actividade turística de calidade. Para conseguir a CETS –que xa recibiron as Fragas do Eume e a serra do Xurés-Baixa Limia-, o Parque Nacional presentou unha estratexia e un plan de acción que recolle 104 actuacións concretas para o próximos cinco anos, para as que se mobilizarán preto de 3 millóns de euros.

Entre outras medias, proponse a realización de talleres de educación ambiental baseados nos produtos da pesca, a creación dun programa de rutas interpretativas, experiencias por cada un dos arquipélagos en varios idiomas, e tamén unha ruta turística para o avistamento de especies de aves invernantes e mamíferos mariños no parque.

Outras iniciativas incluídas son a creación dun centro de interpretación do litoral, potenciar a aula da natureza de Cabo Udra en Bueu, como punto de información e educación ambiental e a adhesión á rede de municipios Rede Terrae.

Todas elas agrúpanse ao redor de cinco obxectivos principais: mellora da coordinación; impulso ao coñecemento e á divulgación; optimización dos recursos; promoción da oferta turística; e posta en valor do destino Illas Atlánticas.

“Trátase duns obxectivos coherentes e complementarios coas actuacións que xa estamos a levar a cabo desde a Consellería para consolidar ás Illas Atlánticas como un destino turístico sustentable e de calidade”, subliñou Mato.

Ao respecto, a conselleira lembrou que o Goberno galego está a traballar para crear a Rede Galega de Parques Naturais e para converter esta rede nun dos “grandes destinos” turísticos de Galicia.

Este compromiso reflíctese tamén nos orzamentos para 2016. Os sete parques naturais de Galicia van dispoñer de 3,25 millóns de euros, un 30 por cento máis que o orzamento inicial de 2015. Deste investimento, máis de 1 millón corresponde ao Parque Nacional para actuacións de promoción e conservación de hábitats e especies.

“En definitiva, estamos a realizar unha firme aposta polos nosos parques naturais e, nomeadamente, polo Parque Nacional. O noso propósito é que un espazo tan emblemático poida ser disfrutado do mellor xeito, tanto polas xeracións actuais como polas futuras”, rematou a conselleira.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s