Información pública do Plan Especial de Protección do Centro Histórico e do Camiño de Santiago (Concello de Sarria, Lugo)

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan especial de protección do centro histórico e do Camiño de Santiago ao seu paso pola vila de Sarria (Lugo)

calle_maior_SarriaAprobado inicialmente o Plan especial de protección do centro histórico e do Camiño de Santiago ao seu paso pola vila de Sarria, que afecta a delimitación do centro histórico declarado como BIC polo Decreto 227/2011, do 2 de decembro, polo que se aproba a delimitación da ruta principal do Camiño de Santiago, Camiño Francés, por Acordo de Xunta de Goberno Local, do 11 de novembro de 2015, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado, nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou para obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas de obra no ámbito de delimitación cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, que en ningún caso afectarán as obras, maiores e/ou menores, compatibles coas normas subsidiarias de planeamento municipal e co plan especial, sen alteración de superficie e/ou volume, así como a implantación de actividades coa condición de que o uso previsto sexa compatible con ambos os plans.

A suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan especial.


DOG nº233 do 7 de decembro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s