Interesantísimo proxecto de recollida de toponimia na CMVMC de Donas (Concello de Gondomar, Pontevedra)

Outra pequena-gran mostra da interesantísima labor que levan a cabo as comunidades de montes (neste caso en colaboración co IEM):

Un convenio entre a CMVMC de Donas (Concello de Gondomar) e o Instituto de Estudos Miñoranos permite recuperar máis de 1.300 topónimos da parroquia

instituto_estudos_miñoranosEntre os meses de xuño e agosto tivo lugar a recollida dos nomes dos lugares da parroquia de Santa Baia de Donas (Concello de Gondomar). En total 1.343 topónimos foron identificados e xeolocalizados polo técnico de campo, Anxo Rodríguez Lemos (IEM). As resultas deste traballo foron presentadas o pasado sábado 28 de novembro ás 18 horas no Centro Cultural do Souto, en Donas.

Na presentación tivo lugar unha explicación da toponimia da xurisdición Real de Baiona, o topónimo Donas e os nomes de terra en Donas. Interviñeron o presidente da Comunidade de Montes de Donas, Anxo González Crespo, Xosé Lois Vilar Pedreira en nome do IEM e Anxo Rodríguez Lemos, técnico de campo responsable da recollida.

Esta recuperación de topónimos tivo lugar tras un convenio entre a Comunidade de Montes de Donas e o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM).


Páxina onde podes consultar cartografías e descargar a recollida completa de topónimos na parroquia de Santa Baia de Donas en Gondomar. Técnico de Campo Anxo Rodríguez Lemos (IEM), dixitalización Álvaro Peralta Techera (IEM): http://toponimiadedonas.esmiweb.es/documentacion.html

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s